Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Teatro para bebés este venres, en dobre función, no Teatro Municipal de Tui

Caramuxo Teatro presenta ?Redondo- para público de 6 meses a 3 anos

Caramuxo Teatro presenta ?Redondo- para público de 6 meses a 3 anos

Fecha: 10 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

Este venres o Teatro Municipal de Tui acolle dobre función de "Redondo" unha obra de teatro para bebés que chega da man de Caramuxo Teatro. A cita será ás 17.30h e ás 19h estando limitado o aforamento a 100 espectadores por función, xa que sentarán no propio escenario. A obra está recomendada para nenos de 6 meses a 3 anos.

Unha esfera agocha historias sorprendentes que poderemos descubrir nunha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia durante 30 minutos. A Mr. Round o seu protagonista fascínanlle os obxectos redondos. Juan Rodríguez da vida a esta obra de teatro para bebés que dirixe Laura Sarasola.

Dende 2003 a compañía de teatro infantil e familiar Caramuxo Teatro crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, contando cunha liña específica na creación de espectáculos para bebés. Dende os inicios mestura diferentes técnicas, teatro de actor, monicreques, danza. A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural ademais do artístico, que consigan a fidelización do público.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres media hora antes do inicio de cada función aos prezos de 3,5€ e 2,5€ no despacho de billetes.

Caramuxo Teatro con "Redondo"
• Lugar: Teatro Municipal de Tui
• Data: Venres, 10 de novembro, ás 17.30h e ás 19h co aforamento limitado a 100 espectadores por funcións.
• Entradas: á venda, ao prezo de 3,5€ - 2,5€., ata mañá venres ás 12h en www.culturatui.info ou o venres dende media hora antes da función no despacho de billetes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones