Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

Tempada 2016/2017 das escolas e actividades deportivas na Guarda

Co mes de agosto rematado e a piques de comezar un novo curso escolar, a actividade deportiva tamén chega con forza nesta nova tempada á vila da Guarda

Co mes de agosto rematado e a piques de comezar un novo curso escolar, a actividade deportiva tamén chega con forza nesta nova tempada á vila da Guarda

Fecha: 28 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Por unha banda no mes de outubro retómanse as escolas deportivas para os máis cativos da casa. Esta oferta de escolas deportivas inclúe dúas actividades gratuítas: baloncesto e patinaxe artístico. No caso do baloncesto, terán lugar os venres de 16 a 18 horas. No caso do patinaxe artístico, se levarán a cabo tódolos luns de 17 a 19 horas.

Ademais, as escolas deportivas complétanse con dúas actividades máis. Haberá clases de bádminton os mércores de 16,30 a 18 horas, cun prezo de 10€ o mes. Tamén se oferta a posibilidade de aprender un deporte moi en alza como é o pádel. Por 15€ ao mes, os rapaces e rapazas poderán practicalo os martes de 16 a 17 horas se teñen entre 6 e 8 anos de idade; e os mércores de 17 a 18 horas para os nenos e nenas de 9 a 12 anos.

Para os adultos son catro as actividades ofertadas, que tamén comezarán no mes de outubro. Os martes e os xoves impartiranse aulas de aeróbic das 20,30 ás 21,30 horas, cun prezo de 18€. Os mesmos días, martes e xoves, de 19 a 20 horas, haberá clases de pilates a 28,50€ ao mes. E tamén os martes e xoves pero pola mañá, de 11,20 a 12 horas; os que o desexen poderán aprender técnicas de relaxación. Esta actividade ten un prezo de 18,50€.


Tamén dará comezo a "Ximnasia para a 3ª Idade", unha actividade gratuíta que se desenvolverá dous días á semana, unicamente durante o mes de outubro no Centro Cultural, e que incluirá diversas saídas ao aire libre dependendo da meteoroloxía.

As inscricións, tanto para as escolas deportivas de nenos e nenas como para as actividades de adultos, poderán realizarse a partir do 6 de setembro na oficina da OMIX do Concello da Guarda. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 61 45 46 ou enviar un correo electrónico a deporte@aguarda.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí