Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño e Cerveira ampliarán a actividade transfronteiriza -Deporte/Desporto para todos-

Máis prazas, aberto a un maior rango de idade e ampliando territorios.

Máis prazas, aberto a un maior rango de idade e ampliando territorios.

Fecha: 18 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Este un dos temas tratados na reunión mensual do Consello de Xestión da Axenda Estratéxica de Cooperación entre ambas rexión, un proxecto europeo cofinanciado ao 75% con fondos FEDER

Máis prazas, aberto a un maior rango de idade e ampliando territorios. Así serán as vindeiras edicións da actividade transfronteiriza ‘Deporte/Desporto para todos', un programa co que os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira viñan ofrecendo á comunidade maior de 55 anos actividades deportivas saudables, controladas e adaptadas.
Debido ao éxito deste proxecto, o Consello de Xestión da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño decidiu na última reunión ordinaria mensual ampliar este programa que xa vai pola súa segunda edición.

Deste xeito, para o edicións de 2018 e 2019, esta actividade non soamente ampliará o número de prazas para o público que viña acollendo ata o de agora, senón que abrirá o seu programa aos mozos e mozas. Con esta apertura a organización espera multiplicar a participación no programa de actividades.

Outro dos aspectos que tamén mudarán no programa é o uso compartido dos equipamentos municipais de Tomiño e Cerveira, xa que se buscará estender as actividades a centros deportivos, pavillóns, piscinas, campos de fútbol... que ata o de agora non se empregaban. Ademais, a organización traballará para expandir a actividade a un maior número de parroquias e freguesías de xeito itinerante.

Esta é unha das numerosas actividades comprendidas dentro da Axenda Estratéxica Cerveira-Tomiño, que centra o esforzo de ambas rexións para conseguir a xestión compartida de servizos locais, a dinamización da economía local transfronteiriza e a capacitación, todo baixo o lema Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto europeo do Programa Operativo Europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTECP)-INTERREG, cofinanciado ao 75% por fondos FEDER.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones