Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño e Cerveira organizan a I Andaina Eurocidade o vindeiro domingo, cun percorrido de 10 quilómetros polas dúas vilas

A actividade terá unha duración aproximada de 2h30 minutos, con saída ás 9.45 (hora galega) desde o Parque de Lazer do Castelinho (Vila Nova de Cerveira)

A actividade terá unha duración aproximada de 2h30 minutos, con saída ás 9.45 (hora galega) desde o Parque de Lazer do Castelinho (Vila Nova de Cerveira)

Fecha: 06 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Tras a constitución da Eurocidade Tomiño-Cerveira, estas vilas compartirán unha nova xornada deportiva, o vindeiro domingo, 7 de outubro, coa I Andaina Eurocidade.

O Parque de Lazer do Castelinho (Cerveira) e o Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño), uniranse nunha andaina que percorrerá 10 kilómetros (ida e volta) nun circuíto considerado de dificultade moderada/baixa.

A proba, promovida conxuntamente polos dous concellos, terá unha duración aproximada de 2h30 minutos, con saída prevista para as 9:45min (hora galega) desde o Parque de Lazer do Castelinho na vila portuguesa de Vila Nova de Cerveira.

As persoas interesadas en participar deben enviar o seu nome, apelidos e idade ao correo electrónico: geral.manos.sa@gmail.com. A inscrición é de balde.

A andaina forma parte do programa "Deporte para todas as persoas", actividades deportivas gratuítas, para a promoción da práctica de exercicio físico, que ademais inclúe "Piscina en familia", o primeiro sábado de cada mes, para nenas e nenos de 3 a 12 anos, acompañados de familiares. Tamén actividades para maiores de 55 anos, todos os martes e xoves; e práctica de diversas modalidades deportivas (pilates, ximnasia, zumba, fitness e actividades afíns) en parroquias de Tomiño e nos IPSS ("Instituição Particular de Solidariedade Social") de Cerveira.

Deporte para todas as persoas é unha das iniciativas impulsadas pola Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones