Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño suma unha nova área deportiva cunha pista de skate en goián ao abeiro do plan concellos

A presidenta Carmela Silva e aa alcaldesa Sandra González asistiron á inauguración do recinto, un dos máis grandes de Galicia no ámbito das disciplinas urbanas sobre rodas

A presidenta Carmela Silva e aa alcaldesa Sandra González asistiron á inauguración do recinto, un dos máis grandes de Galicia no ámbito das disciplinas urbanas sobre rodas

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Octubre de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Concello de Tomiño conta desde hoxe cunha nova área deportiva na contorna da Alameda de Goián, que permitirá á veciñanza do municipio desfrutar de disciplinas urbanas como o skate, bmx, scooter ou roller e que foi financiada ao 100% a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, cun investimento de preto de 240.000 euros. A presidenta provincial, Carmela Silva, inaugurou este novo recinto, un dos máis grandes de Galicia neste ámbito, xunto á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o tenente de alcalde e deputado provincial Uxío Benítez, nun acto que contou cunha demostración de skate board, scooter e bmx.

 

O proxecto, que inclúe a área de skate e outra pista polideportiva, forma parte de  Máis Goián, que integra unha serie de intervencións de reforma urbana e recuperación do espazo público para conectar os distintos equipamentos da vila a través da mobilidade peonil, nas que o Concello contou coa colaboración da Deputación. O obxectivo é que estes equipamentos estean todos situados a poucos minutos de distancia camiñando, coa finalidade de crear un lugar de encontro para a veciñanza e o centro neurálxico da vida social e comercial de Goián.

 

No deseño do novo espazo, que ocupa unha superficie de 4.000 metros cadrados e conta coa área para deportes sobre rodas e outra pista polideportiva, o Concello contou coa participación da mocidade, que fixo as súas aportacións, así como co asesoramento de expertos e empresas especializadas, entre os que se atopa persoal técnico organizador do Marisquiño.  A nova infraestrutura, que complementa outros equipamentos deportivos da zona, permitirá a práctica destes deportes sobre rodas desde un nivel inicial ata o avanzado, converténdoo nun dos skate park referentes a nivel provincial e galego para a práctica de disciplinas freestyle sobre rodas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí