Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle dende este xoves as xornadas profesionais do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

A atención de psicolóxica na explosión en Paramos, o terremoto de Lorca, o accidente do Alvia e os incendios de Pedrogao Grande de Portugal de Tui, será analizada neste encontro científico-profesional

A atención de psicolóxica na explosión en Paramos, o terremoto de Lorca, o accidente do Alvia e os incendios de Pedrogao Grande de Portugal de Tui, será analizada neste encontro científico-profesional

Fecha: 14 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

"Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos" é o título das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dende mañá xoves e até o sábado se van celebrar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica de Tui. Están organizadas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, contando coa colaboración do Concello de Tui e da Ordem dos Psicloógos Portugueses.

Este encontro científico-profesional foi presentado este mediodía na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura e Ensino,a e Dolores González Cabaleiro, presidenta e Alicia Carballal Fernández, vogal do comité organizador das Xornadas, e Soledad Ozores, do comité científico.

Estas xornadas, nas que van participar un centenar de psicólogos de toda Gallicia, teñen como obxectivo principal facer unha reflexión e análise en torno á intervención psicolóxica realizada en catástrofes, analizando a resposta no plano da atención psicolóxica na explosión do barrio da Torres en Paramos, en Tui, no accidente do Alvia en Santiago de Compostela, nos terremotos de Lorca en Murcia e nos incendios en Pedrógrao Grande en Portugal.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, amosou a súa gratitude pola celebración destas xornadas en Tui, e agradeceu a sensibilidade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co concello de Tui e a traxedia que tivo lugar en Paramos. Indicou que serán interesantes e enriquecedoras. Na súa intervención o rexedor tudense resaltou o feito de que este congreso aborde tamén a cooperación transfronteiriza que até o momento non aborda o ámbito de asistencia sociosanitaria. E reivindicou que o servizo de psicoloxía se preste dende a atención primaria, non só para atender casos de catástrofes colectivas senón tamén situacións individuais que se producen a diario. Lembrou que no Concello estase a redactar o Plan Municipal de Emerxencias.

Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura, agradeceu igualmente a celebración en Tui destas xornadas.

Dolores González Cabaleiro, presidenta do comité organizador destacou que as xornadas se centrarán en presentar catro situacións recentes de emerxencias: a explosión en Paramos, o terremoto de Lorca, os incendios en Pedrógrao Grande en Portugal, e o accidente do Alvia. O obxectivo das mesmas é propiciar un reflexión e análise destas situación, e sentar as bases dun protocolo de actuación psicolóxica postcatástrofe, que coordine tanto a atención temperá coma ao longo prazo. Incidía en que a finalidade é que a intervención psicolóxica despois dunha catástrofe sexa planificada, accesible e continuada no tempo.

Alicia Carballal Fernández, vogal do comité organizador, incidiu na estruturación destas xornadas profesionais. Mañá xoves celebraranse dous obradoiros prácticos sobre as intervención realizadas con nenos e adolescentes tras os incendios Pedrogao Grande e a atención prestada dende o primeiro momento, e que continúa na actualidade, no Centro de Saúde aos afectados polo terremoto de Lorca.

Venres e sábado terán lugar catro mesas. O venres celebrarase unha mesa centrada na intervención tras a catástrofe de Paramos, na que se contará coa presenza de Ana Isabel Martínez, do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, de Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, e de dous afectados. Na segunda e na terceira mesa prevista abordarase a "Intervención post-catástrofe" coas intervencións en Atención Primaria Caso Paramos e en hospitalización caso do accidente do tren Alvia, nos incendios Portugal no proxecto Pinhal do futuro, e a realizada pola Cruz Vermella en Paramos.

A cuarta mesa - o sábado pola mañá - ten por título "Vixilancia da saúde mental dos e das profesionais emerxencistas: posible afectación, intervencións e coidados".

Amais haberá dúas conferencias. Unha inaugural "Impacto das catástrofes na saúde mental: intervención psicolóxica desde o "Proxecto Pinhal do Futuro" a cargo de Daniel María Bugalho Rijo, doutor en Psicoloxía. Profesor auxiliar na Facultade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra. E outra de clausura "Intervención post catástrofe en Lorca" por Julio César Martín García-Sancho, psicólogo Clínico, xefe de servizo de programas asistenciais de adultos e rehabilitación e xestión da resposta de saúde mental tras os sismos de Lorca.

Soledad Ozores, presidenta do Comité Científico, fixo fincapé en que en Tui segue sendo precisa a atención psicolóxica aos afectados de Paramos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones