Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico con barcos a 120 km/h

A competición foi presentada hoxe no Centro Interfederado de Tui

A competición foi presentada hoxe no Centro Interfederado de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

O Campionato de España de  Radiocontrol Térmico celebrarase os días 4 e 5 de setembro en Tui, organizado polas Reais Federacións Real Española e Galega de Motonáutica, contando coa colaboración do Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Asociación Avelaiña.

 

A cita deportiva foi presentada hoxe no Centro Interfederado de Tui, un acto no que estivo presente o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acompañado polo concelleiro de deportes, Rafael Estévez; o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández; os vogais da entidade deportiva, Carlos Estévez e Marcos Cabaleiro; o piloto galego, Emilio Cadaveira; o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, e o xefe de Servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.

 

Na súa intervención Enrique Cabaleiro agradeceu á Real Federación Galega de Motonáutica o feito de volver elixir Tui para a celebración deste campionato, convidando os tudenses a asistir á proba, ao desenvolverse nun espazo natural aberto e sempre coidando as medidas de seguridade sanitarias.

 

O presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, xunto ao piloto Emilio Cadaveira, explicaron os pormenores do desenvolvemento da proba facendo fincapé en que esta vai ser a única proba en España e en Europa desta categoría no último ano.

 

Pola súa banda, o concelleiro de deportes, Rafael Estévez, animou aos veciños de Tui a asistir a este campionato que vai ser moi divertido e sobre todo atractivo para os máis pequenos e tamén maiores.

 

Finalmente, xefe de Servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, salientou a importancia deste campionato e a estreita colaboración existente en Tui entre as distintas administracións, clubs e organizacións para que a cidade sexa sede de moitos campionatos e probas.

 

 

As augas do Miño serán o marco idóneo para o desenvolvemento deste tipo de embarcacións, que cun tamaño medio de 1 m. de eslora, alberga motores de combustión de ata catro diferentes cilindradas, divididas polas categorías oficiais recollidas no regulamento da  UIM - Unión Internacional de  Motonáutica:  endurance 3,5 cc - encendido  Glow (por impulso do motor);  endurance 7,5 cc - encendido  Glow (por impulso do motor);  endurance 15 cc - encendido  Glow (por impulso do motor);  endurance 35 cc – encendido chispa (arranque eléctrico)

 

O carburante utilizado para este tipo de embarcacións adoita ser unha lixeira  bencina, proporcionando aos motores entre as 15 e 20.000  rpm - revolucións por minuto, sendo a resultante final un empuxe de potencia tan elevada que asegura os 65 nós de velocidade, un 120 Km/ h.

 

O circuíto é un trazado técnico entre boias, formando unha gran " M" na lámina de auga sobre a que se asenta o percorrido e onde o tramo máis longo mide 100 m. e o máis curto a metade, dotando á "consonante" dunha distancia total de 300 metros por volta.

 

Cada manga ten unha duración estimada de 30 minutos celebrándose tres por cada categoría na xornada do sábado, puntuando só dous delas e descartando a de peor resultado, para obter unha clasificación que marcará as pautas das finais que se correrán na xornada dominical. Só se admitirá un número máximo de 15 pilotos por categoría.

 

Os horarios do Campionato de España de Radiocontrol Térmico quedan establecidos da seguinte maneira: Sábado, 4 de setembro de 2021: 10.00  h. Apertura oficina técnica, 12 - 13  h. Adestramentos libres, 16 - 20  h. Competición. Domingo, 5 de setembro de 2021: 09 - 10  h. Adestramentos libres,10 - 13  h. Finais,13.30  h. Entrega de premios.

 

Os premios, que serán tres por categoría, alcanzan unha dimensión especial, xa que foron modelados pola asociación Avelaíña, entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas entre este problema de saúde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones