Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle esta fin de semana o Concurso de Gaita e Tamboril e o Día da Muiñeira

A música tradicional será protagonista esta fin de semana en Tui

A música tradicional será protagonista esta fin de semana en Tui

Fecha: 15 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

A música tradicional será protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do IV Concurso de Gaita e Tamboril o sábado, e do V Día da Muiñeira organizados pola Asociación Xuvenil e Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.

A presentación destas actividades tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, Conchi Sales, presidenta, e Verónica Morais, vogal, da Asociación Cultural e Xuvenil San Telmo.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, agradeceu á Asociación San Telmo a recuperación destas iniciativas que formaban parte da nosa tradición musical e cultural. Aspecto que destacou tamén o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, quen felicitou a este colectivo polo labor de recuperar actividades tradicionais.

Conchi Sales explicou que dende a Asociación Cultural e Xuvenil San Telmo que presidente buscaron dende a súa creación a recuperación de tradicións e costumes ligadas á cultura tradicional en Tui e no Baixo Miño. Así retomaron hai cinco anos o Día da Muiñeira, que segundo apuntou deixara de celebrarse en Tui en 1995, e ao ano seguinte convocaron o Concurso de Gaita e Tamboril que desaparecera nos anos 50.

O IV Certame de Gaita e Tamboril celebrarase o sábado, 16 de xuño, ás 20.30h na praza de San Fernando con seis participantes de Tui, Pontevedra, Vigo, Ourense, Santiago e Ferrol. O xurado estará formado por Antón Corral, Anxo Lorenzo, Lorena Freijeiro e Andrés Vilán.

No transcurso do IV Certame de Gaita e Tamboril renderase homenaxe a José Luís Alonso Pérez, gaiteiro nado en 1934 en Tomiño e da man do seu pai Ramón Alonso "O Pirico" aprendeu a tocar a gaita e a caixa. Formou parte de treboadas e murgas no Baixo Miño e de grupos coma Os Terribles de Tomiño, Os Alvariños do Rosal e de Os Beiramiño.

Mentres o domingo ás 20.30h dende a Área Panorámica comezará o desfile do Día da Muiñeiras coa participación de máis de 200 persoas pertencentes aos grupos Inquedanzas da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis; Saragana da Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui; O Mosteiro da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro; Santa Columbra da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro; Atadeiras da Asociación Folclórica Vento Mareiro da Guarda; Anaquiños de Chapela de Redondela; Flores do Galiñeiro da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios de Gondomar; Ledicias do grupo folclórico C.C.A.R. de Valadares de Vigo; Vento Mareiro de Sampaio de Vigo; Rematarán no Paseo da Corredoira onde de xeito conxunto interpretarán a Foliada de Amoeiro, Muiñeira do Chao, Xota do Vilariño e Muiñeira de Rudís, que serán interpretadas polo grupo de gaitas "O Mosteiro" de Pexegueiro.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones