Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle este mércores unha xornada de presentación do programa -Depoemprende 2017-

Aínda está aberto o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar no programa de formación en emprendemento da Deputación de Pontevedra

Aínda está aberto o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar no programa de formación en emprendemento da Deputación de Pontevedra

Fecha: 24 de Enero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O programa de fomento do emprendemento da Deputación de Pontevedra "DepoEmprende 2017" chega a Tui o vindeiro mércores 24 de xaneiro tras o seu paso por Cangas, Ponteareas, O Porriño, Barro, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Lalín. As persoas interesadas deberán inscribirse a través dos formularios dispoñibles na páxina web da institución provincial https://www.depo.gal/depoemprende/formulario

 

Así, durante o mércores 24 de xaneiro, o Cámara de Comercio de Tui será escenario da xornada de presentación de "DepoEmprende 2017". Dita presentación comezará ás 10.00h e rematará ás 11.30h. Desta xornada de presentación sairán 15 das persoas que participarán en "DepoEmprende 2017", programa para persoas desempregadas.

 

"DepoEmprende 2017" (cun orzamento de 393.129 euros) oferta 120 prazas para todas as persoas desempregadas da provincia, dando prioridade ás menores de 30 anos, ás mulleres, aos maiores de 45 anos, persoas con algunha diversidade funcional ou persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. A través deste proxecto impartiranse un total de oito accións formativas en seis localizacións da provincia: dúas en Pontevedra e Vigo e unha en Tui, Vilagarcía de Arousa e Barro. Estes obradoiros formativos teñen por obxectivo mellorar as capacidades das mozas e mozos que queiran ser emprendedoras e emprendedores, achegándolles formación e asesoramento e, por outro lado, loitando contra o despoboamento do medio rural da provincia fomentando a igualdade de oportunidades no acceso á formación.

 

Ademais as persoas participantes en "DepoEmprende 2017" recibirán formación apta para a consecución do certificado oficial de profesionalidade ADGD0210 "Creación e xestión de microempresas", do módulo MF1788-3 de "Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios e microempresas". As accións terán unha duración de 144 horas durante as cales se impartirán contidos transversais en técnicas, ferramentas e metodoloxías áxiles e innovadoras para o emprendemento como Desgin Thinking e Lean Startup (20 horas), detección de oportunidades vencelladas ao perfil profesional (4 horas), actitude emprendedora e oportunidades de negocio (40 horas), proxecto e viabilidade do negocio ou microempresa (40 horas) e marketing e plan de negocio da microempresa (40 horas).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones