Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle o obradoiro -Risos en Familia-

O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de decembro na casa do concello

O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de decembro na casa do concello

Fecha: 04 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

En decembro celebrarase en Tui o obradoiro interxeneracional "Risos en familia: risoterapia creativa anti-estrés" dentro do programa Tecendo Lazos que oferta a Deputación de Pontevedra, e no que neste caso colabora o Concello de Tui.

O obradoiro terá lugar os martes, mércores, xoves e venres do 19 ao 29 de decembro en horario de 18 a 20h na Área Panorámica.

O obxectivo deste obradoiro é aprender a rir para tomarnos a vida con máis sentido do humor e afrontar os problemas cotiás con positividade para favorecer as relacións individuais, familiares, comunitarias e sociais entre as persoas participantes. Ao tempo se busca fomentar a cooperación e interacción e o intercambio de experiencias entre as distintas xeracións. Ao longo de oito xornadas os participantes realizan xogos, prácticas de humor, relación combinada con risas, maxia...
Tamén durante dúas das dezaseis horas de duración do obradoiro o módulo denominado "A Historia do Meu Concello", que recollerá actividades enfocadas a recompilación de fotografías, historias, lendas, contos, etc. en formato papel ou audiovisual do municipio.

Esta actividade vai dirixida a persoas dende os 10 anos ata os 99 anos de idade, tendo preferencia aquelas que formen parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións. Os menores de 13 anos deberán acudir sempre en compañía dunha persoa adulta, e os que teñan entre 13 e 17 anos e desexen acudir sos deberán achegar o consentimento da nai, pai ou titor.

Ofértanse un total de 30 prazas. Os interesados poden inscribirse nos Servizos Sociais do Concello de Tui de luns a venres de 9 a 14h até o 5 de decembro.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones