Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI ACOLLE O VINDEIRO MARTES OS JOB DAYS DA EURORREXIÓN GALICIA- NORTE DE PORTUGAL NO SECTOR AGROALIMENTARIO

Paralelamente á realización do evento, ofreceranse 21 postos de traballo da área da alimentación

Paralelamente á realización do evento, ofreceranse 21 postos de traballo da área da alimentación

Fecha: 24 de Octubre de 2015

Fuente: Concello de Tui

A cidade de Tui vai ser sede o vindeiro martes 27 de outubro dos Job Days da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, dedicados ó sector agroalimentario. No transcurso das actividades dos Job Days, estarán dispoñibles 21 postos de traballo destinados a desempregados transfronteirizos no eido da alimentación na Eurorrexión.

Nas sesións Informativas-Debate ("Workshops"), os interesados poderán obter información sobre sector ou coñecer máis sobre a mobilidade e Mercado de Traballo Transfronteirizo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Ás 10.30h da mañá terá lugar a sesión da apertura na que participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto co presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes; a conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez Mejuto; a directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP-AECT), María Geraldes; César Ferreira, da Rede Eures Galicia- Norte de Portugal; o presidente da CCDR-N e da Comunidade de Traballo Galicia- Norte de Portugal, Emídio Gomes e o director Rexional de Agricultura do Norte de Portugal, Manuel José Serra de Sousa Cardoso.

Ó longo da mañá haberá dous debates. O primeiro deles, ás 12 do mediodía, versará sobre o sector agroalimentario como motor de crecemento no período de financiamento 2014-2020. Unha hora despois, Teresa Ventín, coordinadora do EURES Transfronteirizo Galicia- Norte de Portugal, debullará os desafíos no mercado laboral da Eurorrexión. Ás 18h rematará a xornada.

Unha oportunidade para atopar emprego

Os Job Days, ademais de estar perfilados como espazo de coñecemento da realidade do sector da alimentación, enmárcanse como un foro no que os demandantes de emprego poden atopar un emprego entre os 21 ofertados. Dende ás 9.30h ata ás 17h, os interesados poden acudir ó edificio da Área Panorámica, onde estarán os stands das empresas participantes, que recollerán currículos e realizarán, de ser o caso, entrevistas de traballo.

Hai ofertas de traballo para un comercial de autovenda, dous postos para vendedores autónomos e comerciais, dezaseis para produtores, técnicos con coñecemento na produción de cogomelos. Ademais, hai dos postos para un director comercial e outro para un director de produción micolóxica e forestal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones