Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acollerá do 4 ao 8 de xullo o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo

Do 4 ao 8 de xullo as instalacións deportivas municipais Álvarez Durán acollerán o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo en colaboración co Concello de Tui e o Tyde.

Do 4 ao 8 de xullo as instalacións deportivas municipais Álvarez Durán acollerán o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo en colaboración co Concello de Tui e o Tyde.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tui

Do 4 ao 8 de xullo as instalacións deportivas municipais Álvarez Durán acollerán o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo en colaboración co Concello de Tui e o Tyde. Vai dirixido a rapaces e rapazas entre os 4 e os 16 anos que se poden inscribir ata o 1 de xullo ao través da web www.fundacioncelta.com . O prezo por participante é de 130 euros, salvo para os xogadores do Tyde F.C. que aboarán 115 euros. As clases de luns a xoves serán de 10 a 14h e o venres de 10 a 18h, incluíndo o xantar e a festa fin de campus á que poderán asistir tamén as familias.

Esta mañá foi presentado o Campus na casa do concello de Tui polo concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o presidente do Tyde F.C., Elias Vieiro, o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e o responsable das escolas do Celta en Galicia, Diego García.

Laureano Alonso, concelleiro de Deportes, destacou que para o Concello é unha honra poder contar con esta colaboración co Celta e o Tyde, ao tempo que salientou a oportunidade que o Campus representa para mellorar as condicións técnicas do participantes.

Elías Vieiro, presidente do Tyde F.C., explicou que o ano pasado na primeira edición desta actividade en Tui contaron con 25 participantes, cifra que agardan superar este ano xa que é unha oportunidade para rapaces e rapazas de chegar mellor preparados e formados ao comezo da nova temporada.

O director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, destacou que cada participante recibirá unha equipación, e agradeceu a colaboración tanto do Concello coma do Tyde, que fan que se sintan en Tui coma na casa. O responsable das escolas do Celta en Galicia, Diego García, foi o encargado de dar os detalles técnicos explicando que haberá catro áreas nas que traballarán os cinco días do Campus: coordinación e psicomotricidade, técnico-táctico, multideporte e competicións individuais e colectiva. O mércores amais avanzaba que terán algunha sorpresa.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones