Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acollerá unha andaina para conmemorar o XXV aniversario da declaración do Camiño de Santiago como patrimonio mundial

O calendario inclúe no mes de outubro unha saída o día 12 en Tui

O calendario inclúe no mes de outubro unha saída o día 12 en Tui

Fecha: 03 de Octubre de 2018

Fuente: Xunta de Galicia - Cultura e T

Un ciclo de andainas xacobeas conmemorará desde este sábado e ata o mes de decembro o XXV aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial, e renderá tamén homenaxe ao Xacobeo 93, dúas efemérides que celebran este outono.

Trátase de Días de andar... As camiñadas dos XXV anos do Xacobeo e do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial, unha iniciativa levada a cabo pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e que foi presentada hoxe en Santiago de Compostela coa presenza da directora de Turismo, Nava Castro, e a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira.

Ao abeiro deste proxecto celebraranse nove camiñadas abertas ao público en xeral desde este sábado 6 de outubro. As saídas están programadas desde distintos puntos de Galicia e permitirán percorrer e coñecer a riqueza cultural, natural e patrimonial das catro provincias galegas a través de algúns tramos do Camiño Francés, do Camiño Portugués, do Camiño de Inverno, do Camiño Primitivo, do Camiño Inglés ou do Camiño de Fisterra e Muxía.

O calendario inclúe no mes de outubro unha saída o día 6 en Ourense, o día 12 en Tui, o día 20 na cidade de Lugo e o día 27 na localidade ourensá de A Rúa. O sábado 3 de novembro será a quenda de Sarria e Portomarín, o día 10 a camiñada terá lugar en Cesures e Padrón, o día 17 de novembro será en Fisterra e o día 24 en Chantada. O ciclo de andainas rematará o 1 de decembro cunha saída na cidade da Coruña.

Apoio ao asociacionismo
O apoio a esta iniciativa enmárcase no traballo do Goberno galego por impulsar e favorecer o labor do asociacionismo vinculado ao Camiño de Santiago, fomentando o seu papel clave a prol dos valores tradicionais da peregrinación, da súa preservación e difusión a través de diferentes iniciativas como Días de andar. A contribución das asociacións é tida moi en conta no Plan director do Camiño de Santiago, a folla de ruta galega ao redor da xestión do Camiño de Santiago, que inclúe iniciativas dirixidas a impulsar a cooperación cos diferentes colectivos no labor esencial de información e de difusión que desenvolven.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones