Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolleu a pasada fin de semana o Forum Peregrino

Por primeira vez, se reuniron representantes de case todos os camiños oficiais de Santiago en Galicia.

Por primeira vez, se reuniron representantes de case todos os camiños oficiais de Santiago en Galicia.

Fecha: 04 de Octubre de 2017

Fuente: Iacobus Tui

O sábado día 30, celebrouse na Aula Uned de Tui, o Forum Peregrino.
Por primeira vez, se reuniron representantes de case todos os camiños oficiais de Santiago en Galicia.
As 10 da mañá comezaron os actos, coa apertura e presentación.
O alcalde Enrique Cabaleiro, acompañado da Concelleira de Cultura, Mª Xosé González e o Concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, deu a benvida a todos os presentes, entre os que se atopaban representantes das Asociacións dos Camiños de Fisterra, Primitivo, Sanabrés, de Inverno e o Camiño Portugués que entra por Tui. A continuación, Victoria Álvarez, fixo unha introdución á importancia dos camiños na Galicia medieval.
Comezou a primeira potencia Rafael Sánchez Bargiela, Xerente Da Sociedade Anónima De Xestión Do Plan Xacobeo, que falou do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui e o seu reflexo na arte tudense.
A continuación, falou do Camiño Sanabrés - Mozárabe, Xosé Antonio Quintas Vázquez, vicepresidente da Asociación de Amigos Vía da Plata- Camiño Mozárabe de Ourense.
Tras unha pausa para tomar o café, falou do Camiño Francés, Jorge López, presidente da Asociación de Amigos do Camiño da Comarca de Sarria.
Seguidamente, Ángel Trabada, presidente da Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Lugo, falounos do Camiño Primitivo.

Acabadas as ponencias da mañá, os asistentes encamiñáronse á igrexa de San Domingos, onde puideron escoitar a actuación musical da ACP San Blas Budiño.

Tras a comida, os retomáronse as actividades do Fórum, cunha visita guiada á igrexa de San Bartolomeu, onde asistiron as explicación de D Avelino Bouzón, Director do Arquivo capitular e histórico diocesano e párroco de San Bartolomeu.

Na sesión da tarde, falou do Camiño de Fisterra, Begoña Valdomar, vicepresidenta da Asociación Galega Amigos do Camiño de Santiago
e hospitaleira de Fisterra. A continuación falou do Camiño de Inverno, a presidenta da Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras,
Asunción Arias.
Alfonso Ferreira, en representación da Asociación Iacobus, falou do camiño portugués que entra por Tui á Galicia.

Puxo o colofón aos actos, Xosé Maria Palmeiro, xornalista e Presidente da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago, que presentou as conclusións extraídas do falado ao longo da xornada e expuxo o seu punto de vista en canto ao estado actual dos Camiños de Santiago en Galicia e as súas perspectivas de futuro.

Fíxoselle entrega a todos as persoas anteriormente citadas, dun agasallo de parte do Concello de Tui, entregados por Victoria Álvarez e o Alcalde Enrique Cabaleiro.

Acabados os actos, rematouse a xornada, coa actuación do Grupo de gaitas da Asociacion Cultural ALOIA de Pazos de Reis.

Unha cea comunitaria e unha queimada, puxeron fin ao Fórum Peregrino de 2017.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones