Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolleu a presentación do programa ?smartpeme- para pemes e persoas emprendedoras e autónomas da provincia de pontevedra

-SmartPeme- ofrece asesoramento en novas tecnoloxías ás persoas emprendedoras e autónomas e ás pequenas e medianas empresas da provincia

-SmartPeme- ofrece asesoramento en novas tecnoloxías ás persoas emprendedoras e autónomas e ás pequenas e medianas empresas da provincia

Fecha: 25 de Noviembre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, asistiu esta mañá á presentación do proxecto "SmartPeme", substituto do antigo CPAE 2.0, entre o tecido empresarial de Tui co obxectivo de pór énfase na implantación de novas formulacións en materia de estratexia dixital. A xornada tivo lugar no edificio da Área Panorámica da vila e tamén asistiu o seu alcalde, Enrique Cabaleiro.

 

O proxecto "SmartPeme" é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e persoas emprendedoras e autónomas e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os e as emprendedoras, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos. Todo iso empregando as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e as novas tecnoloxías (redes sociais, comercio electrónico...).

 

Unha das vantaxes que incorpora o novo modelo é a incorporación dunha estratexia personalizada para cada caso individual, ademais da especialización de cada unha das oficinas segundo os sectores máis implantados no tecido empresarial de cada territorio. Malia isto último, os asesores e asesoras de "SmartPeme" tamén ofrecen este servizo a todas as persoas que acudan a outra das oficinas nas que esa área concreta non sexa a súa especialidade, establecendo polo tanto un servizo centralizado e en constante contacto entre os diversos puntos e oficinas da rede.

 

Nas oficinas de "SmartPeme" instaladas no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se están a pór en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, a colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, a especialización sectorial dos asesores e asesoras en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, a identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pequenas e medianas empresas e, tamén, o impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

 

"SmartPeme" consegue, ademais, que a colaboración cos concellos sexa máis estreita xa que o proxecto se oferta como un servizo propio dos municipios, para que sexan eles os que presten o asesoramento e impulsen ás empresas, persoas autónomas e emprendedoras. Isto é así porque dende a Deputación de Pontevedra considérase que as corporacións municipais son as que mellor coñecen a realidade empresarial dos seus territorios e, polo tanto, quen poden ofertar un servizo máis adaptado segundo os sectores máis presentes nos tecidos empresariais desas vilas (unha especialización que tamén se leva a cabo nas oficinas). A institución provincial se converte deste xeito nun vehículo para que os concellos poidan converterse nos protagonistas, ofertando un servizo que responda ás necesidades das veciñas e veciños da provincia que se dediquen ao mundo empresarial ou queiran emprender.

 

"SmartPeme" ofrece axudas ás pemes e persoas emprendedoras e autónomas en aspectos como a elección do market place máis axeitado, un acompañamento durante o proceso de implantación do comercio electrónico, consellos sobre as ferramentas adecuadas para mellorar a produtividade e a resolución das dúbidas sobre as TIC que poidan ter estas persoas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones