Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI ACOLLEU PARTE DA GRAVACIÓN DO DOCUMENTAL -DE ROSENDO A ROSENDO- QUE SE EMITIRÁ EN AUSTRALIA

O equipo estivo onte en Tui tomando imaxes da casa natal do bispo Rosendo Salvado e dos documentos relacionados con el que se gardan no arquivo diocesano

O equipo estivo onte en Tui tomando imaxes da casa natal do bispo Rosendo Salvado e dos documentos relacionados con el que se gardan no arquivo diocesano

Fecha: 26 de Enero de 2016

Fuente: Concello de Tui

"De Rosendo a Rosendo" é o título do documental encargado pola Embaixada de España en Australia para promocionar a figura de España e que ao tempo servirá para promocionar Tui e a Nova Nursia. Esta gravación audiovisual toma coma punto de partida a viaxe de Rosendo Salvado a Australia e retrata ao tempo a figura de Rosendo Salvado plasmando a Tui, a súa cidade natal, e a Roma, o lugar onde faleceu.

Precisamente onte estivo en Tui o equipo dirixido por Ian Iumsden, director do documental. A casa natal de Rosendo Salvado, o Concello, as cubertas e o claustro da Catedral, así coma o arquivo diocesano foron algúns do lugares elixidos para a gravación. Concretamente no arquivo diocesano o seu director, Avelino Bouzón, amosou á equipa de rodaxe fotografías, documentos e cartas de Salvado, así coma o cartel que en 1945 conmemoraba os 100 anos da partida do bispo de Tui.

A gravación e posterior proxección deste documental en Australia suporá unha importante promoción de Tui nese país onde a figura do bispo Salvado conta con gran relevancia.

A música de Rosendo Salvado será protagonista en Australia da man da pianista tudense Andrea González, quen ofrecerá un concerto o 24 de marzo en Nova Nursia, amais de dar a coñecer a música do bispo tudense aos estudantes da Australian National University en Canberra. Cómpre lembrar que Andrea González realizou unha labor de investigación sobre a obra musical de Salvado co gallo do bicentenario do seu nacemento.

Rosendo Salvado naceu en Tui o 1 de marzo de 1814 e faleceu en Roma o 29 de decembro de 1900. En 2014 celebrouse en Tui un amplo programa de actividades para conmemorar o bicentenario do Bispo Salvado, onde se puxo de relevo a vida e a polifacética obra de quen foi o bispo de Nova Nursia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones