Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui agarda a miles de persoas para disfrutar do Luns de San Telmo

A feira cabalar e a procesión do santo serán actos multitudinarios

A feira cabalar e a procesión do santo serán actos multitudinarios

Fecha: 09 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tui

As festas na honra a San Telmo en Tui tocan ao seu fin tras dez días de actividades. O luns, festivo local na cidade, será o día grande con diversos actos deportivos, musicais, sociais, relixiosos, ao longo de toda a xornada. Un día no que se agardan a miles de persoas na cidade para participar e gozar do día grande das festas.

O programa comeza na rúa Loureiro no barrio de San Bartolomeu coa Feira Cabalar de San Telmo na que participarán centos de persoas. Dende primeira hora da xornada comezará a actividade de compra venda de gando, e ao longo do mañá haberá actividades coma Poni Club, exhibición de saltos, xincana de velocidade, habilidade e manexo do cabalo. Amais a Asociación Pura Raza Cabalo Galego realizará unha presentación das características morfolóxicas e os usos e funcionalidade do Cabalo de Pura Raza Galega, e a Sección de Doma Alta Escola de Galicia realizará unha serie de exercicios en alta escola e unha exhibición de monta antiga á amazona.

As rúas de Tui contarán nunha nova xornada coa amenización musical a cargo da charanga Cantos Somos. Amais ás 18h na praza de San Fernando ofrecerá un concerto a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, que será cancelado en caso de choiva.

O salón de actos do Seminario Menor, no Paseo da Corredoira, acollerá ás 18h a charla coloquio "Celta. Presente e futuro" coa participación de Maxi Gómez e Stanislav Lobotka, xogadores do R.C. Celta - Felipe Miñambres, director deportivo.

Amais ás 19.00 h entrará no centro urbano a Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo realizará a homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.

A Orquestra Panorama amenizará a verbena na rúa Compostela co seu espectáculo DELUXE TOUR 2018.


-No eido relixioso dende ás 8h celebraranse misa na igrexa de San Telmo, ás 11h na Catedral celebrarase a misa na honra á San Telmo con posterior procesión, e o acto máis destacado ten lugar ás 21h coa solemne procesión na que participan as imaxes dos santos e virxes venerados nas distintas parroquias tudenses, xunto a unha nutrida representación de autoridades civís, militares e relixiosas. Participan tamén a Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, a BRILAT, e este ano coma novidade a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. Coma fin de festa haberá unha tirada de fogos de lucería.

Programación Festas de San Telmo - Luns, 9 de abril (Festivo Local)
• 9.00 h En San Bartolomeu Feira Cabalar de San Telmo. Actividades todo o día.
o 10.30.- Poni Club (2 ponis para que os nenos poidan montar a cabalo)
o 11.30h.- Exhibición de saltos
o 12.15h.- Xincana de velocidade, habilidade e manexo do cabalo
o 12.30h.-A Sección de Doma Alta Escola de Galicia realizará unha serie de exercicios en alta escola e unha exhibición de monta antiga á amazona
• 11.00 h Na Catedral misa na honra a San Telmo e procesión pola Coronilla.
• 12.00-14.00 h Polas rúas de Tui actuación da Charanga "Cantos Somos".
• 18.00 h Na Praza de San Fernando concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.*En caso de choiva cancelarase.
• 18.00 h No salón de actos do Seminario Menor no Paseo da Corredoira charla coloquio "Celta. Presente e futuro" coa participación de Maxi Gómez e Stanislav Lobotka, xogadores do R.C. Celta - Felipe Miñambres, director deportivo.
• 19.00 h Dende Praza Galicia, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
• 20.00-21.00 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Panorama.
• 21.00 h Solemne procesión de San Telmo.
• 23:30 h Tirada de fogos de artificio.
• 23.30-01.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Panorama.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones