Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui avanza cara a rehabilitación do Teatro Principal

O Concello encargou a César Portela un anteproxecto no que figuren amais as primeiras medidas a tomar para evitar a degradación do edificio

O Concello encargou a César Portela un anteproxecto no que figuren amais as primeiras medidas a tomar para evitar a degradación do edificio

Fecha: 12 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui vai adxudicar ao arquitecto César Portela o anteproxecto para a rehabilitación do Teatro Municipal, unha vez é xa propiedade municipal.

Onte á tarde, o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, reuníanse con César Portela e visitaban o inmoble, para avanzar na rehabilitación deste emblemático edificio.

O anteproxecto, a solicitude do concello, recollerá xa as primeiras medidas fundamentais a adoptar para garantir que o Teatro Principal non se siga degradando, coma pode ser o retirado do entullo que arestora hai no interior, recuperando aquelas pezas de interese coma restos das butacas existentes, entre outros. Amais buscarase consolidar a estrutura para evitar derrubes e garantir a seguridade. O Concello acometería estas actuacións con medios ou fondos propios, e logo tería que buscar a colaboración doutras administracións.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientaba que a recuperación do teatro simbolizará tamén a recuperación de todo o seu entorno urbano. Así destacaba coma obxectivo de avanzar na rehabilitación do teatro que podería supor un investimento de 3 millóns de euros.

César Portela, que redactara xa nos anos 80 un proxecto de rehabilitación do Teatro Principal que agora debe ser adaptado á normativa actual, explicaba que o seu plantexamento pasa por un uso cultural do edificio cunha actuación que se estenderá tamén a praza de Fromista onte está situado o inmoble, "dándolle unha nova vida". Na parte traseira do edificio contemplará unha cafetería cun mirador sobre o Miño.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones