Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI CELEBRA CON VISITAS GUIADAS, UNHA EXPOSICIÓN E UN CONCERTO AS XORNADAS EUROPEAS DA CULTURA XUDÍA CENTRADAS ESTE ANO NA MULLER

O alcalde aproveito para convidar tanto aos tudenses coma aos visitantes a participar nas actividades previstas.

Tui é un dos lugares principais de presenza xudía e inquisicional en Galicia

Fecha: 12 de Septiembre de 2014

Fuente: www.concellotui.org

Tui súmase un ano máis ás Xornadas Europeas da Cultura Xudía que neste 2014 se celebran baixo o lema "Muller e xudaísmo". O programa de actividades desenvolverase dende mañá venres e ata o domingo coma un xeito de pór en valor e dar a coñecer o patrimonio vinculado á cultura xudía que atesoura a cidade. Así o expuxo esta mañá na presentación desta actividade o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañado pola concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, polo historiador Suso Vila, e polo artista Juan Carlos Vázquez.

Moisés Rodríguez salientou a importancia desta xornadas para dar a coñecer os elementos do patrimonio local vinculados á cultura xudía, sinalando que ao longo do ano son numerosos os visitantes que se achegan ata a cidade para coñecer precisamente a pegada deixada pola importante comunidade xudía que houbo en Tui. Avanzou tamén o rexedor que continúan os tramites para que a cidade pase a formar parte da Rede de Xuderías españolas, sinalando nese senso que o pasado mes de agosto a secretaria desta asociación estivo en Tui. O alcalde aproveito para convidar tanto aos tudenses coma aos visitantes a participar nas actividades previstas.

A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, explicou que o programa de actividades comezará mañá venres ás 19h na Sala de Exposicións Municipal coa inauguración da exposición "Pasos de Arena" de Juan Carlos Vázquez seguida dun pequeno concerto. Ás 21.30h sairá da Porta da Pía unha visita guiada nocturna polos vestixios xudeus da cidade. Mentres tanto o sábado coma o domingo ás 12h están programadas dúas novas visitas guiadas. A do sábado será aos Sambenitos que se conservan no Museo Diocesano e ás testemuñas xudías na Catedral de Tui. Mentres o domingo a ruta partirá da praza do Concello para realizar un percorrido que rematará no barrio de Riomuíños.

O historiador tudense, Suso Vila, que será o responsable de conducir as tres visitas programadas, saliento que o percorrido terá algúns cambios con respecto ao realizados en anos anteriores e nos mesmo se ofrecerá un achegamento ao legado da comunidade xudía e conversa que atesoura Tui. Avanzou tamén que o traxecto da visita nocturna do venres poderá ser marcado no futuro coma roteiro xudeu. Afirmou amais que "Tui é un dos lugares principais de presenza xudía e inquisicional en Galicia".

Juan Carlos Vázquez explicou que na súa exposición "Pasos de Arena" achega pinturas e baixo relieves que parten do periódico histórico comprendido entre 1492 e 1497, enfocando a súa obra no cotiá dende o punto de vista feminino. Poderá visitarse ata o 26 de setembro de luns a sábado. Juan Carlos Vázquez tamén será o responsable do miniconcerto previsto, no que xunto á soprano Indra Sesti di Luc, interpretará catro poemas para os que el compuxo a música. Comezará con "Pasos de Arena" de Margalit Matitiahu, poema do que toma nome a exposición que presenta, e "Pasos de otros siecolos" da mesma autora, os dous escritos en lingua xudeo-española. En castelán intepretará "El lumbroso" de Schulamith Halevy, e por último rematará en galego con "Follas de cantiga" de Uxío Novoneyra.

XV Xornada Europea da Cultura Xudía
"Muller e xudaísmo"
Tui

Venres 12 de setembro

Ás 19h Inauguración da exposición “Pasos de area” que recolle a obra pictórica e escultórica de Juan Carlos Vázquez na Sala Municipal de Exposición na Área Panorámica

Miniconcerto a cargo de Juan Carlos Vázquez e a soprano Indra Sesti di Lucca

Programa:

  • Pasos de Arena  (Margalit Matitiahu. En lingua xudeo-española)
  • Pasos de otros siecolos  (Margalit Matitiahu. En lingua xudeo-española)
  • El lumbroso (Schulamith Halevy. En lingua castelá)
  • Follas de Cantiga (Uxío Novoneyra. En lingua galega)

Ás 21.30h Saída dende a Porta da Pía da Visita Guiada noturna a cargo do historiador Suso Vila

Sábado 13 de setembro

Ás 12h Visita guiada polo historiador Suso Vila á colección de Sambenitos no Museo Diocesano e testemuñas xudías na Catedral de Tui

Domingo 14 de setembro

Ás 12h Visita guiada polo historiador Suso Vila ás testemuñas xudías na cidade de Tui. Saída da Praza do Concello e remate e  Riomuiños.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones