Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui celebra este luns o día grande das Festas de San Telmo

A feira dos cabalos, unha charla coloquio sobre o RC Celta e a procesión actos destacados no programa festivo

A feira dos cabalos, unha charla coloquio sobre o RC Celta e a procesión actos destacados no programa festivo

Fecha: 29 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tui

Tui celebra este luns o día grande das Festas de San Telmo, nunha xornada na que é festivo local na cidade. Os actos programados comezan na rúa Loureiro coa tradicional Feira Cabalar que reunirá a miles de persoas ao longo da mañá. Entre as actividades previstas estará o poni club para os máis pequenos, unha proba competitiva de potencia de salto a cabalo, ou unha exhibición de doma de alta escola a cargo da Asociación de Cabalo Galego. Tamén coma novidade este ano premiarase ao conxunto xinete/cabalo mellor presentado.

A parte musical da xornada correrá a cargo da charanga Cantos Somos que actuará polas rúas de Tui dende ás 12 h, da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín que ofrecerá un concerto ás 18 h na praza de San Fernando, e do Combo Dominicano que actuará na rúa Ourense dende ás 19.30 h .

Ás 17.00 h o Teatro Municipal, na Área Panorámica, acolle a charla coloquio "R.C. Celta de Vigo... 95 anos a AFOUTEZA". Nela farase un repaso por distintos momentos da historia celeste a través de futbolistas que marcaron ou van marcar unha época. Intervirán Manuel Rodríguez - Manolo "O gran Capitán", Vladimir Gudelj, Borja Oubiña e Brais Méndez. A charla será moderada por Justi Peixoto, exlocutor do programa "Escoita Deporte" da Radio Municipal de Tui. A entrada é libre é gratuíta ata completar capacidade.
A partir das 21 h miles de persoas se darán cita nas rúas de Tui para presenciar e participar na solemne procesión de San Telmo. Como cada ano na mesma participarán as imaxes dos santos e virxes das distintas parroquias de tudenses, pechando o acto procesional a imaxe do patrón da cidade, San Telmo, custodiado polos seus confrades. Participarán na procesión Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, Banda de Guerra e Guión da BRILAT. Ao remate na praza de San Fernando terá lugar a ofrenda a San Telmo.


Luns 29
• 09.00h En San Bartolomeu Feira Cabalar de San Telmo. Actividades todo o día.
• 11.00h Na Catedral misa na honra a San Telmo e procesión pola Coronilla.
• 12.00h-14.00h Polas rúas de Tui actuación da Charanga "Cantos Somos".
• 18.00h-19.00h Na Praza de San Fernando concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.*En caso de choiva cancelarase.
• 19.00h-19.45h Dende Praza de Galicia, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
• 19.30h-21.00h Na rúa Ourense, verbena co Combo Dominicano.
• 21.00h Dende a Catedral e polas rúas de Tui solemne procesión de San Telmo.
• 22.15h Na Praza de San Fernando ofrenda a San Telmo.
• 22.45h Dende a Praza do Concello até a Praza da Inmaculada desfile de despedida das agrupacións musicais participantes na procesión.
• 23:30h Dende a Alameda de San Domingos tirada de fogos de artificio.
• 00.00h-01.30h Na rúa Ourense, verbena co Combo Dominicano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones