Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui celebra o Día Internacional de Tecer en público con actividades durante o mes de xuño

A praza da Inmaculada acollerá o sábado 11 un amplo programa

A praza da Inmaculada acollerá o sábado 11 un amplo programa

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

A praza da Inmaculada será o escenario, o sábado 11 de xuño, da celebración do Día Internacional de Tecer en Público. Ao longo de todo o mes haberá distintas actividades organizadas por Cucapuntoes e M y R Abalorios, coa colaboración do Concello de Tui e de TejeTui,  contando coa participación das mercerías locais Elia, Fiadeiras e Ideas.

 

Con motivo desta celebración realizarán unha Yarn Bombing, na praza da Inmaculada, que decorarán con tecidos feitos a man. Serán elaborados previamente en Tejejuntas os mércores de 18.30 a 20.30 h en Abalorios M Y R, onde confeccionarán bandeiríns, e na comunidade TejeTui que realizarán unha creatividade con grannies para adornar a praza.

 

Xa sábado 11, Día Internacional de Tecer en Público, o programa previsto comeza ás 10.30 h cun almorzo en Ideas Peregrinas. A partir das 12 h, na Praza da Inmaculada decorada para a ocasión co Yarn Bombing, e durante toda a xornada as persoas participantes tecerán, compartirán proxectos, e trucos. Descansarán entre ás 14 e ás 16.30 h para xantar en Tapas e Viños.  Coma remate ás 19 h realizarán un sorteo entre todas as persoas participantes no evento, e todas as que compartan fotografías en redes sociais coa etiqueta #tejemaratontui. Durante toda a xornada na praza haberá unha exposición dos traballos de fin de curso dos distintos obradoiros.

 

Nos obradoiros, no almorzo e no xantar do día 11  poderán participar todas as persoas interesadas previa inscrición en tejemaratontui@gmail.com ou no taller Cucapuntoes na rúa Compostela 4.

 

Amais das actividades previstas o sábado 11, cada sábado de xuño dende ás 11 h haberá obradoiros gratuítos. Este sábado día 4 será un obradoiro de “Coleteiro” con material cedido por M y R Abalorios, o sábado 18, no Liceo Casino, confeccionaran un bolso hippie, e o sábado 25 realizarán unha funda para levar unha botella de auga no parque do Penedo.  

Durante o mes de xuño todas as persoas que realicen unha compra mínima de 5€ nas mercerías locais entrará no sorteo dunha cesta de produtos cedidos polas propias mercerías e dun moneco amigurimi tecido por Cucapuntoes que se realizará o 4 de xullo na Radio Municipal de Tui.

 

Pero amais as persoas que en instragram empreguen a etiqueta #tejemaratontui entrará no sorteo dun patrón dixital.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones