Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui celebra o domingo 19 a II Feira de San Carnaval no Paseo da Corredoira

Haberá máis de 50 postos de artesanía, antigüidades, bixutería... e diversas actividades ao longo do día

Haberá máis de 50 postos de artesanía, antigüidades, bixutería... e diversas actividades ao longo do día

Fecha: 02 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tui

NOTA:  Debido á previsión de choiva para este domingo a II Feira de San Carnaval prevista no Paseo da Corredoira adíase para o domingo 19 de marzo. Mantense a celebración para este domingo 5 do Enterro do Bacallau, e o desfile-concurso de Entroido será o domingo 12 ás 17h. 


 

O Paseo da Corredoira de Tui acolle este domingo, 5 de marzo, de 10.30h a 21h a II Feira San Carnaval organizada polo Concello de Tui coa colaboración de Ppartmin Creativas con carácter solidario a beneficio de SOS Tomiño Baixo Miño e a protectora de animais de Tui Aloia. Na mesma participarán máis de 50 postos de artesanía, antigüidades, produtos ecolóxicos, sobremesas, coiro, bixutería, segunda man...

Amais celebraranse outras actividades ao longo do día. Ás 11h terá lugar o Concurso de disfraces caninos, no que só poderán participar mascotas domésticas, premiando aos tres máis elaborados e orixinais. Os interesados deben anotarse media hora antes aboando 1€.

Por outra parte ás 13h celebrarase o Concurso de Disfraces infantil con dúas categorías, unha para cativos de 3 a 5 anos e outra para nenos de 6 a 10 anos. Recibirán premios os tres máis elaborados e orixinais en cada categoría. A inscrición farase media hora antes do comezo aboando 1€. O recadado nos dous concursos de disfraces será para a Protectora de Animais de Tui Aloia
 






Amais ao longo da xornada actuarán os grupos folclóricos Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns, e as pandereteiras As D'Abadía. Tamén están previstas exhibicións de cetrería, e venda de orellas de Entroido a un 1€, destinando o importe da recadación para SOS Tomiño-Baixo Miño. Os cativos poderán disfrutar de inchables cos vales que entregarán os postos presentes na feira por cada 10€ de compra. Para rematar a xornada actuará o monologuista Fredi Cruxer.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones