Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI CELEBRA O PRÓXIMO MARTES 17 O DESFILE-CONCURSO DE ENTROIDO

En caso de choiva aprazarase para o sábado 21 á mesma hora.

En caso de choiva aprazarase para o sábado 21 á mesma hora.

Fecha: 17 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O próximo martes, 17 de febreiro, -festivo local na cidade-  ás 17.30h comezará nas rúas novas de Tui o Desfile-Concurso de Comparsas de Entroido organizado polo Concello de Tui. En caso de choiva aprazarase para o sábado 21 á mesma hora. No mesmo participarán un total de nove comparsas, das que seis son de Tui e as outras tres de Salceda, Vigo e Tomiño, sumando en conxunto máis de 600 persoas. Coma cada ano agárdase que miles de persoas ateiguen as rúas Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, A Guarda e Casal Aboy. O evento será presentado polo polifacético José Antonio Touriñán.

A primeira comparsa en desfilar será O Borralliño de Soutelo con "Missipi River", seguida do "Movemento Exipcio" da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro. Segundo a orde establecida mediante sorteo a terceira comparsa será Luces de Tomiño con "O Carnaval máis internacional", e os "Mariñeiros" da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns.  "Taça Eurocidade" é o título da comparsa da Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas, e "Lembranzas do Medievo" a que achegará a Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei.  Mentres a Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro desfilará baixo o título de "Invasión asiática" e "Priscila, raíña do deserto" é a comparsas que chegará da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá de Vigo. Pechará o desfile a comparsas Cantos Somos de Tui co lema "Cantos Somos, chourizos ao caldeiro". En total serán repartidos máis de 4.700€ en premios, 3.750 en asignacións por participación e 300 euros en trofeos.

Todas as comparsas deberán tomar parte o próximo domingo, 22 de febreiro, no Enterro do Bacallau que sairá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.

Debido á celebración do Desfile de Entroido estarán pechadas e ao tráfico, e non se poderá estacionar, dende ás 14h as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones