Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui celebrará o Día das Letras Galegas coa XXI Feira do Libro Galego

As librarías Espazo Lector Nobel e Iris montarán quince postos nos que ofrecerán un 10%. Esta previsto un amplo programa de actividades

As librarías Espazo Lector Nobel e Iris montarán quince postos nos que ofrecerán un 10%. Esta previsto un amplo programa de actividades

Fecha: 17 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tui

O Paseo da Corredoira acollerá o próximo xoves, 17 de maio, a XXI Feira do Libro Galego organizada polo Concello de Tui coa colaboración das librarías Espazo Lector Nobel e Iris.

A presentación deste evento tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e os representantes das librarías Iris, Pilar Fernández, e Espazo Lector Nobel, Javier Oliveira.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, congratulouse da continuidade desta feira e amosou o seu convencemento en que será un éxito nunha xornada para celebrar a lingua, a cultura e o libro. Salientou que "o libro ten moitísima importancia para construír sociedades máis libres, sociedades máis plurais, máis tolerantes" polo que "dende o concello imos seguir apostando polo libro, como un elemento fundamental para facer un Tui mellor".

O concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, comezou cunha lembranza para Librería Valverde, que por vez primeira non participará na feira ao pechar as súas portas a finais do ano pasado. A continuación explicou o programa previsto que comezará coa inauguración da feira pola escritora tudense Conchi Regueiro, autora de "Tempos Agradables" pola que recibiu o III Premio de novela Mulleres Progresistas no 2001; "Un marciano neste mundo" co que foi finalista do I Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2004, "A herdanza do Marqués", "Dez arcos de vella", "O tesouro das ánimas", e "Un burato no aire". Ao longo da xornada actuarán o grupo de pandereteiras As Dabadía de Caldelas, a Coral Ponte das Febres, a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, o grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro e a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui. Pero amais Saleta Fernández achegará o contacontos "Pan e chocolate", haberá un obradoiro de marcapáxinas, circo de rúa con Pajarito e o espectáculo "A vida tola" e teatro de rúa con Ghazafelhos e a obra "O vendedor de fume".

Coma novidade Eduardo Freiría destacou a presenza na feira dunha das tres bibliotecas móbiles realizadas polo curso de Montaxe de Mobles e elementos de carpintería impartido no Centro Municipal de Formación. Tamén estarán expostos os maios e paneis informativos sobre a figura de Mª Victoria Moreno realizados polos centros escolares e asociación culturais de Tui.

Pilar Fernández da librería Iris explicou que presentarán as últimas novidades editoriais, a obra e biografías da autora homenaxeada este ano, Mª Victoria Moreno, unha pequena mostra de libros portugueses e as obras do autores tudenses.

Javier Oliveira de Espazo Lector Nobel sinalou que levarán á feira 500 títulos de 30 editoriais destacando a obra "A Nova Nursia" sobre Frai Rosendo Salvado e Aloianos de Alberto Romer.
Nos quince postos que haberá na feira as librarías tudenses Espazo Lector Nobel e Iris ofrecerán un 10% de desconto.

Programa previsto
• De 11 a 13h emisión especial en directo da Radio Municipal de Tui
• Ás 11.00 h Acto de apertura a cargo da escritora tudense Conchi Regueiro
• Ás 11.10 h Actuación do grupo de pandereteiras As Dabadía de Caldelas
• Ás 11.30 h Actuación da Coral Ponte das Febres
• Ás 12.00 h Contacontos con Saleta Fernández con "Pan e chocolate"
• Ás 13.00 h Actuación da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos
• De 16 a 19 h Obradoiro de Marcapáxinas. Inicio cun contacontos do libro falado e en lingua de signos do libro "A festa no faiado" de Mª Victoria Moreno
• Ás 17.30 h Actuación do grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
• Ás 18.30 h Circo de rúa con Pajarito con "A vida tola"
• Ás 19.30 h Teatro de rúa con Ghazafelhos con "O vendedor de fume"
• Ás 20.30 h Actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui

15 postos das librarías Iris e Espazo Lector Nobel (10% de desconto) no Paseo da Corredoira


Estarán expostos maios e paneis informativos sobre a figura de Mª Victoria Moreno realizados polos centros escolares e asociación culturais de Tui, e unha das bibliotecas móbiles realizadas polo Concello de Tui.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones