Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui completa o seu investimento no -Plan concellos 2017- cunha achega de preto de 30.000 ?

O Goberno de Carmela Silva investiu este ano máis dun millón de euros en Tui a través das 3 liñas que compoñen o -Plan Concellos-

O Goberno de Carmela Silva investiu este ano máis dun millón de euros en Tui a través das 3 liñas que compoñen o -Plan Concellos-

Fecha: 28 de Agosto de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución provincial, unha nova axuda para o concello de Tui ao abeiro da liña 1 de investimentos do "Plan Concellos 2017" que vén completar o investimento da vila ao abeiro do Plan de cooperación coas vilas da provincia de menos de 50.000 habitantes. Así, a institución provincial achega un total de 28.296,74 euros que permitirán ao concello de Tui realizar unha intervención nas cubertas do edificio onde se atopaba o cárcere vello do municipio.

Ademais, anteriormente a Deputación de Pontevedra xa destinara a Tui 729.053,97 € en liña 1 para a actuacións coma a reforma dos vestiarios do complexo deportivo de Álvarez Durán, a ordenación dunha rotonda mailo seu entorno, a reforma das instalacións do conservatorio de música, subministracións varias (un equipo de medición mailo software, un mupi dixital para información turística, un sonómetro e máis material e software informático), a regulación do tráfico da intersección entre a rúa Calzada e a Avenida da Concordia, a adquisición dunha motocicleta para a Policía Local, o acondicionamento dos xardíns de Troncoso, a mellora da pavimentación que une os núcleos das Chans con Circos, a mellora da pavimentación de viarios en Bouzabalada, en Filgueira, entre Parceira e Baldráns e entre Cruxeiras e Rebordáns, a realización da ordenación exterior da escola infantil da vila, a instalación dunha caldeira de pellets e de emisores térmicos no edificio da UNED e para un novo equipamento destinado á área de cultura. A maiores, 20.351,86 € en liña 2 para diversas actividades como os campamentos de verán, o Entroido ou a Cabalgata de Reis e, finalmente, outros 225.165,30 € para a contratación de 23 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan.

Unha vez completado o investimento do "Plan Concellos 2017", Tui recibe un total de 1.002.867,87 € por parte da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones