Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI CONTARÁ CUN NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO NO QUE SE FORMARÁN 20 PERSOAS DURANTE SEIS MESES

A selección do alumnado realizarase ao través da Oficina de Emprego entre persoas maiores de 18 anos, en situación de desemprego.

A selección do alumnado realizarase ao través da Oficina de Emprego entre persoas maiores de 18 anos, en situación de desemprego.

Fecha: 09 de Mayo de 2015

Fuente: www.concellotui.org

A Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Tui un novo obradoiro de emprego logo de aprobar favorablemente o proxecto "Descubre Tui 2015" presentado pola entidade municipal.

O obradoiro terá unha duración de seis meses nos que se formarán vinte alumnos nas especialidades de "Promoción turística local e información ao visitante" e "Deseño de produtos gráficos". Este obradoiro contará cunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar de 178.157€.

Segundo se recolle na memoria do proxecto presentado ante a Xunta na primeira das especialidades "Promoción turística local e información ao visitante" os alumnos, ao través da Oficina Municipal de Turismo e doutros axentes sociais, recompilarán información para a realización dunha guía de recursos, de Tui e da contorna. Levarán a cabo actividades coordinadas pola Concellería de Turismo de Tui relacionadas coa promoción do turismo fluvial, ou farán visitas guiadas polo Conxunto Histórico entre outras actuacións coma a participación na organización, xestión e difusión de paquetes turísticos, ou a colaboración na organización e promoción de eventos coma as Festas de San Telmo ou as feiras que se celebran na cidade, así coma a promoción do Camiño de Santiago.

Coa especialidade de "Deseño de produtos gráficos" levaranse a cabo realización de materiais gráficos en moitas áreas administrativas, pero sobre todo en cultura e turismo; xa que habitualmente son as que máis precisan deste tipo de servizos.

A selección do alumnado realizarase ao través da Oficina de Emprego entre persoas maiores de 18 anos, en situación de desemprego.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones