Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui convoca un novo concurso para pintar dúas novas pontes de entrada á cidade con obras artísticas

O concello, no seu obxectivo por potenciar a imaxe turística á vez que se apoia aos artistas, aumenta a contía dos premios con respecto á pasada edición.

O concello, no seu obxectivo por potenciar a imaxe turística á vez que se apoia aos artistas, aumenta a contía dos premios con respecto á pasada edición. Ponte das Bornetas pintada por Doctor Toy

Fecha: 17 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

As concellerías de Cultura, Deporte e Limpeza e Medio Ambiente presentan o "II Concurso de pintura Mural" para pintar as dúas pontes de entrada á cidade de Tui dende Gondomar e Vigo con obras artísticas e inéditas. A terceira, a Ponte das Bornetas cara á Guarda, foi xa pintada no pasado mes de setembro polo artista DoctorToy.

Agora, co obxectivo de seguir mellorando a imaxe de acceso á cidade á vez que se fomenta o traballo dos artistas, anunciase a celebración deste segundo concurso para pintar así as pontes restantes, á coñecida como a ponte da Magnolia, na entrada dende Vigo e a ponte da autovía na estrada cara a Gondomar. Ademais, Tui amplía o seu compromiso e fai un maior esforzo económico ao aumentar a contía do premio para os gañadores, que agora pasa a ser de 500€, este galardón súmase aos 400€ que o Concello porá a disposición dos artistas para facer fronte aos gastos de material. Ao igual que na pasada edición, tamén se cubrirán os gastos relacionados con escadas, medidas de seguridade, etc.

O Concello de Tui segue así o seu traballo de achegar o rico patrimonio natural e arquitectónico a cidadáns e turistas. Os deseños que terán estas pontes deben facer referencia ao río Miño, ao Monte Aloia ou ao conxunto histórico tudense. Unha iniciativa que ten como obxectivo, segundo José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente, Limpeza, Medio Rural e Participación Cidadá, que "os turistas leven unha boa impresión da cidade dende o primeiro minuto que visitan Tui".

O concurso está aberto para calquera persoa que resida no territorio español, podendo presentarse individualmente ou en grupos, cun máximo cinco compoñentes. Cada participante deberá presentar un bosquexo xunto cunha fotocopia do DNI, autorización de pai, nai ou titor en caso de ser menor de idade e a ficha de inscrición que se adxunta nas bases da convocatoria. Toda a documentación debe ser enviada ao Concello de Tui ou presentarse no Rexistro de Entrada antes das 14:00 horas do venres 18 de novembro de 2016.

Esta iniciativa está promovida pola concellería de Deportes, Servizos Sociais e Turismo, de Ensino e Cultura e de Medio Ambiente, Medio Rural, Limpeza e Participación Cidadá. As bases completas da convocatoria atópanse dispoñibles na web do concello.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infomiño Noticias Baixo Miño
  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones