Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui da a coñecer o seu patrimonio con visitas guiadas conducidas por especialistas

Están organizadas polo Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui

Están organizadas polo Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Julio de 2023

Fuente: Concello de Tui

Realizar un achegamento a diversos espazos patrimoniais a través de percorridos guiados dirixidos por especialistas é o obxectivo do programa de visitas “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración da Concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.

Dende este xoves, 27 de xullo, e até o 25 de agosto desenvolveranse un total de cinco visitas a diversos elementos patrimoniais da nosa cidade.

As visitas, de carácter gratuíto, contan con aforo limitado polo que é preciso realizar  inscrición previa enviando un correo electrónico a biblioteca@tui.gal  indicando nome e teléfono de contacto e a ruta elixida.

O programa comeza este xoves, 27 de xullo, ás 20.30 h na Aula da UNED no antigo convento de San Domingos, cunha conferencia sobre os resultados das últimas escavacións arqueoloxías desenvolvidas na necrópole de San Bartolomeu de Rebordáns. O director desta intervención Patxi Pérez Ramallo tratará na conferencia titulada “Redescubrindo San Bartolomeu de Rebordáns: Elite social no centro de poder da Gallaecia tardoantiga?” os resultados desta investigación arqueolóxica, que incide na importancia de Tude como lugar de poder na Gallaecia sueva tardoantiga e, posteriormente, no reino visigodo. O traballo foi abordado dende a combinación de técnicas complementarias: prospección arqueolóxica, datación absoluta por radiocarbono, análise osteo-lóxicos e de isótopos estables dos restos humanos, e revisión da información contextual dispoñible.

Patxi Pérez Ramallo é Doutor en Análise Forense da Universidade do País Vasco (UPV/EHU) (2021); Máster en Ciencias Arqueolóxicas pola Universidade de Bradford (Reino Unido) (2014-2015); e  Licenciado en Historia con tripla especialidade en Arqueoloxía, Idade Media e Prehistoria pola Universidade de Santiago de Compostela (2007-2012). A súa formación complementouse con estancias de investigación no Instituto Max Planck para a Ciencia da Historia Humana (Jena, Alemaña); e na Universidade de Oxford (Reino Unido). Actualmente é investigador asociado no Departamento de Arqueoloxía do Instituto Max Planck de Geoantropología (Jena, Alemaña), e investigador postdoctoral na Universidade do País Vasco (Donostia-San Sebastián, España).

Esta conferencia complementarase cunha visita posterior ao propio xacemento arqueolóxico na igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns.

A concelleira de Patrimonio e Turismo, Ana María Álvarez Núñez, agradece esta iniciativa do Instituto de Estudios Tudenses que promove o coñecemento do noso patrimonio cultural a cargo de destacados especialistas, membros todos eles deste Instituto.

 

 “Coñece o noso patrimonio” 

  • Xoves, 27 de xullo
    • 30 horas | Aula Uned de Tui
    • Conferencia do arqueólogo Patxi Pérez-Ramallo: Redescubrindo San Bartolomeu de Rebordáns: Elite social no centro de poder da Gallaecia tardoantiga?
    • De seguido, visita ás escavacións de San Bartolomeu de Rebordáns.
    • Inscrición previa enviando un correo electrónico a biblioteca@tui.gal indicando nome e teléfono de contacto e a ruta elixida.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí