Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui dedica unha rúa do centro urbano aos Mártires de Sobredo

Onte, canto se cumprían 100 anos dos sucesos, tivo lugar o descubrimento da placa

Onte, canto se cumprían 100 anos dos sucesos, tivo lugar o descubrimento da placa

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

A lembranza dos Mártires de Sobredo queda dende onte presente no rueiro de Tui coa rúa que levará o seu nome. Onte á tarde tiña lugar o acto de descubrimento da placa no vieiro situado entre a rúa Casal Aboy e a Avenida da Concordia que pasa a denominarse rúaa Mártires de Sobredo.  Onte precisamente cumpríanse 100 anos dos sucesos nos que perderon a vida Cándida, Joaquín e Venancio. Onte os seus familiares eran os encargados de descubrir a placa da rúa acompañados polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e pola presidenta do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, Marga Romero.

Dous alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Severino e Manuel, interpretaron para abrir o acto a Muiñeira de Grelada, e coma peche o Himno Galego.  

Rafael Sánchez Bargiela, que conduciu o acto, deu lectura ao acordo plenario da corporación  municipal de Tui do pasado de setembro aprobando por unanimidade a a denominación desta rúa.

Na súa intervención o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirmou que "sempre teremos con eles unha débeda impagable de gratitude" engadindo que "eu creo que hoxe a institución local, o concello de Tui, no ámbito das súas competencias, empeza a reparar esa memoria". Sinalou amais que  "aínda recordando os sinsabores do pasado, temos que congratularnos de que a loita daquelas persoas tamén deu beneficios  e grazas a esa loita hoxe podemos vivir nun país e nunha sociedade moitísimo mellor que aquela naqueles momentos".

A presidenta do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo agradeceu a corporación o acordo e as intervencións no pleno. Lembrou coma en Tui tras os sucesos de Sobredo, hai cen anos, había un silencio sepulcral, cunha poboación chea de dor, trauma e abraio, dicía.  Na súa intervención Marga Romero engadiu que "o que podiamos é hoxe celebrar dalgunha maneira que os Mártires, e esa loita de unidade que eles representan, segue viva en nós, e agardamos que esa semente que ficou aí nos faga ser sempre más solidarios".

En nome dos familiares dos Mártires de Sobredo, Cándida, Venancio e Joaquín, tomaba a palabra Laura Fontán, bisneta de Cándida, quen agradeceu ao IEAMSO e ao concello de Tui "o seu labor para que non se esqueza a memoria dos nosos familiares, Joaquín, Venancio e Cándida, e de todas as persoas que loitaron en defensa dos seus veciños e polos seus dereitos". Engadía que o acto deste luns "súmase aos movementos que durante anos se veñen levando a cabo dende a reconstrución do monumento en 1986 até a declaración de recoñecemento do agrarismo galego neste 2022 no Parlamento Galego". Afirmou Laura Fontán que os feitos do 28 de novembro de 1922 en Sobredo "marcaron a historia de Tui e da sociedade labrega galega". Rematou agradecendo que os Mártires de Sobredo "a partir deste día volverán quedar legados no rueiro de Tui, grazas ao nomeamento desta rúa Mártires de Sobredo" .

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí