Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui despide este domingo o Entroido coa celebración do Enterro do Bacallau

Sairá ás 19.30 h dende a praza de San Fernando e rematará na traseira da Área Panorámica

Sairá ás 19.30 h dende a praza de San Fernando e rematará na traseira da Área Panorámica | Foto pablonunes

Fecha: 23 de Marzo de 2019

Fuente: Concello de Tui

O Entroido despídese este domingo, 24 de marzo, en Tui coa celebración do Enterro do Bacallau. No mesmo prevese a participación de miles de persoas que partirán ás 19.30 h dende a praza de San Fernando. O percorrido que realizará irá polas rúas Seixas, Porta da Pía, Ordoñez e Paseo da Corredoira até o Cantón de Diomedes onde se darán lectura as coplas, e continuará pola praza da Inmaculada, as rúas Augusto G. Besada, Betanzos, Praza de Galicia, e rúa Lugo até a traseira da Área Panorámica para proceder a incineración do bacallau.
 
Segundo o recollido nas bases do Entroido o bacallau será portado pola comparsa gañadora do concurso-desfile do pasado domingo "El extraño mundo de la magia de Pexegueiro" da Asociación Entroido de Pexegueiro. A escola musical será realizada tamén pola comparsas de Pexegueiro, gañadora en acompañamento musical, mentres que o bacallau será realizado pola asociación "En Loureiro coma sempre" de Salceda que coa carroza de "O Mundo de Shrek" levaron o primeiro premio nesta categoría.

Debido á celebración do Enterro do Bacallau o tramo do Paseo da Corredoira dende a intersección coa rúa Augusto González Besada até os soportais estará pechado ao tráfico dende o sábado pola noite. Amais o aparcamento municipal estará pechada, e por tanto non se poderá estacionar, dende ás 11 h ás 22 h deste domingo.

Feira de San Carnaval
Este domingo coincidindo co Enterro do Bacallau celebrarase de 11 a 20 h na zona dos soportais no Paseo da Corredoira a Feira de San Carnaval con distintos postos e actividades de animación ao longo do día como vos de cetrería, actuación de Tana ( 12.30 h) e dos grupos folclóricos Alfándega da Asociación X. C. San Telmo (12 h ), Refaixos e Polainas da Asociación C. Val de Flores de Baldráns (17 h), e Seixos Albos da Asociación C. Seixos Albos de Areas (18.30 h ) e xogos populares.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones