Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui é un dos dez concellos da provincia onde se desenvolverá o proxecto -Commerce Inside-

Trátase dunha acción destinada ao comercio local que recibirá finaciamentos dos fondos Next GenerationEU da Unión Europea

Trátase dunha acción destinada ao comercio local que recibirá finaciamentos dos fondos Next GenerationEU da Unión Europea

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

Tui vai ser un dos concellos da provincia de Pontevedra, sendo un total de 10, que terá a oportunidade de levar a cabo o proxecto Commerce Inside no seu municipio. O obxectivo do mesmo é transformar o comercio minorista local dotándoo das ferramentas precisas para afrontar os retos futuros vinculados á actividade turística.

O concello aprobou hai un días en pleno habilitar unha aportación municipal deste proxecto de 17.426,22 €, que xa ascende a 140.571,52 €. O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aportará 81.322,37 €, e a Deputación de Pontevedra 59.249,15 € no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Coa execución de Commerce Inside contémplanse, por unha banda. investimentos na vía pública coa creación de tres zonas de descanso verdes con cargadores solares, sinalética integrada da oferta comercial en zonas axardinadas e a colocación de dous tótems interactivos ou puntos de información intelixente do sector comercio integrados con Tourist Inside. E, por outra parte, búscase ampliar a cualificación profesional dos empregados do comercio minorista, para o que se impartirán cursos en liña de inglés, francés e portugués.

O proxecto tamén persegue potenciar a posta en marcha de novas iniciativas de comercio de proximidade e a mellora de fluxos de economía circular que potencien a sostibilidade, o que irá en consonancia cos ODS fixados na Axenda Urbana na que traballa o Concello de Tui. Para isto instalaranse dúas illas ecolóxicas para o depósito de biorresiduos e cartón e promocionaranse novas propostas de packaging sostible reutilizable, máis respectuosas co ambiente. 

A dixitalización do sector comercial e a realización de accións dirixidas á transformación dixtal do comercio tudense cara un Destino Turístico Intelixente e Sostible é outro dos eixos de actuación. Así, en Commerce Inside contémplase o desenvolvemento dunha plataforma de xestión de áreas comerciais, a creación de contidos vinculados ao comercio en zonas turísticas e un directorio enlazable con Tourist Inside, así como a instalación ou reforzo de wifi nas áreas comerciais.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí