Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui entre os nove concellos de Galicia que servirán de exemplo para o resto de España na implementación da Axenda Urbana Sostible

Recibirán 1,5 millóns de euros en subvencións para elaborar Plans Pilotos que sexan extrapolables a outras localidades españolas

Recibirán 1,5 millóns de euros en subvencións para elaborar Plans Pilotos que sexan extrapolables a outras localidades españolas

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Diciembre de 2021

Fuente: Delegación do Goberno en Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe que nove concellos de Galicia servirán de exemplo para o resto de España na implementación da Axenda Urbana sostible. Estes municipios forman parte das 121 propostas admitidas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que recibirán unha subvención para a elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española.

En concreto, o Ministerio concedeu estas axudas aos concellos galegos de Paradela, Tui, As Pontes, Lalín, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, A Coruña e Vigo. O importe total das axudas ascende a 1.500.000 euros e o reparto por concello realízase por tramos de poboación, entre os 50.000 euros a Paradela (menos de 5.000 habitantes) ata os 250.000 euros a A Coruña e Vigo (máis de 250.000 habitantes).

José Miñones detallou que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana lanzou esta convocatoria de axudas o pasado mes de setembro e que recibiu un total de 233 solicitudes a nivel nacional, das que seleccionou 121, repartidas en grupos de municipios segundo a poboación.

Os concellos seleccionados deberán presentar estos proxectos piloto antes de setembro de 2022 e estes documentos servirán de modelo e guía para que outras entidades locais poidan elaborar os seus propios plans de axenda urbana con certezas e eficacia.

Este Programa de axudas forma parte do Compoñente 2 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, denominado "Implementación da Axenda Urbana Española: Plan de rehabilitación e rexeneración urbana”, que é un dos tres compoñentes que lidera o Ministerio de Transportes.

Axenda Urbana Española

A Axenda Urbana Española concíbese como un documento estratéxico, sen carácter normativo, que trata de abanderar unha nova visión do urbanismo, que vai máis aló da tradicional execución de infraestruturas e aborda unha visión estratéxica, sostible e humanizada dos entornos urbanos. A Axenda Urbana marca un antes e un despois nas políticas relacionadas coas cidades e as vilas, ao traballar nas áreas urbanas de todos os tamaños, de maneira transversal e integrada, con visión estratéxica e a través dun modelo de gobernanza que garante unha ampla participación.
As cidades e vilas teñen un papel fundamental na transformación económica e social do país, na garantía da cohesión territorial, na loita contra o despoboamento e na protección do medio ambiente e a loita contra o cambio climático. A implementación da Axenda Urbana Española resulta clave para lograr a necesaria transición verde, dixital e cohesionada socialmente que reclaman as Axendas internacionais e o propio Plan de Recuperación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí