Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui expuxo o seu proxecto de futuro na xornada -As Axendas Urbanas nos municipios galegos de menos de 20.000 habitantes- celebrada en As Pontes

O alcalde Enrique Cabaleiro presentou os principais retos que abordará a Axenda Urbana nos vindeiros dez anos

O alcalde Enrique Cabaleiro presentou os principais retos que abordará a Axenda Urbana nos vindeiros dez anos

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presentou o proceso de redacción da Axenda Urbana na xornada “As Axendas Urbanas nos municipios galegos de menos de 20.000 habitantes” celebrada no día de hoxe no concello coruñés de As Pontes.

 

A xornada foi aberta pola subdirectora xeral adxunta de Políticas Urbanas do Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA), Sonia Hernández, e contou coa participación do director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administracións Públicas da Xunta de Galicia, Ángel Luis Tarrío, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; ademais dos alcaldes de As Pontes, Valentín G. Formoso e  de Paradela, José Manuel Mato.

 

Na xornada o alcalde Enrique Cabaleiro adiantou os tres grandes retos que afrontará Tui coa súa Axenda Urbana. Por un lado Tui apostará pola revitalización da cidade histórica e a súa contorna con accións de dinamización e modernización do comercio, humanizacións do centro urbano, melloras de accesibilidade, impulso da vivenda social, creación de bolsas de vivenda, fomento do emprego, recuperación de edificios municipais e melloras de eficiencia enerxética, entre outras moitas accións como a implantación da Smart City ou o impulso da economía de coidados. Outro dos retos de Tui é traballar no reequilibrio territorial a través da mellora de servizos nas parroquias e a protección medioambiental conectando os ríos co Aloia creando eixos verdes e fomentando os usos agrícolas aproveitando a fertilidade das terras de Tui. O reforzo do papel transfronteirizo dende a innovación económica é o terceiro dos retos apostando por un espazo intermodal de intercambio internacional de todo tipo de transportes, promovendo e fortalecendo as relacións socio-económicas con Valença e norte de Portugal e posicionándose como referente da innovación como motor económico.

 

Cabaleiro destacou a singularidade de Tui que como concello cabeceira de comarca debe planificar para un conxunto de poboación que vai moito máis alá do seu territorio dando servizos e sendo referente dos concellos da contorna e do outro lado da Raia.

 

Pola súa riqueza histórica e patrimonial, por ser un referente a nivel turístico e pola súa situación xeográfica, o Concello de Tui é un punto estratéxico que debe medrar planificando non só para a mellora do día a día da súa cidadanía, tamén para acoller á toda a poboación que no seu día a día interactúa coa cidade e para aqueles que a visitan.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones