Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI FESTEXA A SEMANA EUROPEA DO DEPORTE CON NUMEROSAS CITAS

As Olimpíadas Interxeneracionais, Campionatos de piragüismo e remo, hoquei, BTT, Raid e andainas forman parte da programación deportiva

As Olimpíadas Interxeneracionais, Campionatos de piragüismo e remo, hoquei, BTT, Raid e andainas forman parte da programación deportiva

Fecha: 11 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Esta semana celébrase a primeira edición da "Semana Europea do Deporte (SED)", unha iniciativa da Comisión Europea, que ten como obxectivo prioritario acercar a actividade física e o deporte ao público en xeral, e que se desenvolverá de forma xeral durante os días 7 ao 13 de setembro de 2015, tendo vocación de permenancia en anos sucesivos.

Por este motivo, o Concello de Tui participa en distintas actividades deportivas, non só no noso municipio, senon en diferentes cidades do mundo, como Vilanova de Cerveira (Portugal), Hazewinkel (Bélgica) ou Györ (Hungría).

Así, unha representación de nove veciños e veciñas de Tui e outras dezanove de Valença, que conforman o equipo da Eurocidade Tui-Valença, están a participar dende o pasado domingo nas Olimpíadas Interxeneracionais, nas que máis de 300 deportistas de máis de sesenta anos, conviven e compiten en distintas modalidades deportivas ó longo da semana.

Os padeeiros tudenses Iván Alonso en K1 e K2, Enrique Míguez en C1, xunto ós integrantes do C2 do Club Kayak Tudense, Óscar Graña e Ramón Ferro, participarán esta fin de semana no Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo, que se disputará na localidade húngara de Györ. Os nosos padeeiros volverán a competir a nivel mundial co obxectivo de revalidar os seus títulos de campións do mundo, que alcanzaron en edicións pasadas.

Por outra banda, na cidade Belga de Hazewinkel disputarase, entre hoxe e o 13 de setembro, o Campionato do Mundo Máster de Remo, onde os remeiros e remeiras do Club Remo Miño Tui, nun total de dezaseis deportistas, competirán en ata oito categorías neste campionato.

Xa na nosa Eurocidade, mañá venres e este sábado 12 de setembro, disputarase no pavillón municipal de Valença, o II Torneo Eurocidade de Hoquei, organizado polo Valença Hoquei Club, en colaboración coa Eurocidade Valença-Tui, no que na xornada do venres participará o equipo galego do Liceo, contra os portugueses do Barcelos, Benfica e o club organizador, sendo a xornada do sábado para as categorías inferiores do Valença, Porto, Cies e Vila Praia.

Seguindo en Tui, este sábado 12 terá lugar na nosa cidade dous competicións deportivas, o I Circuito 12 horas BTT Cidade de Tui, organizado polo Club MTB Aloia, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e o Concello de Tui, que se disputará polo Parque Natural do Monte Aloia, dende as instalacións deportivas da Macoca, das 09.30 ata ás 21.30 horas; e o I Raid de Orientación Terras do Louro, organizado polo Asociación A Forna de Budiño, en colaboración cos concellos de Porriño, Salceda de Caselas e Tui, no que os equipos inscritos percorrerán máis de 100 quilómetros, en 7 sectores, con 6 disciplinas deportivas, orientación urbana, escalada, trekking, rappel, kayak no río Miño e BTT.

Continuando co Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, esta fin de semana celebraranse dúas andainas por Terras da Eurocidade. Este sábado 12 de setembro terá lugar en Valença e o domingo polo municipio de Tui, sendo a saída desta última, dende o parquing do Club Náutico San Telmo, ás 10.00 horas españolas.

Por último, este domingo 13 de setembro, co motivo do peche ó tráfico do Paseo Calvo Sotelo, volverán a realizarse diferentes actividades deportivas na rúa, coa colaboración dos clubs de tenis, xadrez e montaña de Tui, así como a instalación de inchables para os máis cativos.

Todas estas actividades, xunto ao IV Trofeo de Fútbol 7 Eurocidade, IV Trofeo MiniBTT Concello de Tui, a II Xuntanza Motera Internacional Cidade de Tui e o II Rally San Telmo da Regularidade, que se celebrarán nas fins de semana seguintes, completan non só unha Semana Europea do Deporte en Tui, se non un mes de setembro cheo de citas deportivas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones