Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui homenaxea este sábado á Associaçao Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença no seu centenario

Os actos comezarán cun simulacro histórico na rúa Ourense e logo terá lugar a imposición da Gravata de honra coa bandeira de Tui no Teatro Municipal

Os actos comezarán cun simulacro histórico na rúa Ourense e logo terá lugar a imposición da Gravata de honra coa bandeira de Tui no Teatro Municipal

Fecha: 23 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui vai facer entrega mañá da Gravata de honra coa bandeira de Tui á Associação Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença ao cumprirse o centenario da súa creación. Deste xeito o Concello quere amosar o recoñecemento da poboación tudense a súa traxectoria de servizo altruísta e xeneroso.

O programa previsto comezará ás 17.00 h na rúa Ourense, no tramo entre a rúa Colón e rúa Lugo, cun simulacro histórico por parte da propia Associação Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença no que os bombeiros irán ataviados co uniformes antigos e empregarán ferramentas e vehículos históricos.

Ás 17.30 h no Teatro Municipal de Tui desenvolverase o acto solemne aberto ao público en xeral. Intervirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Manuel Rodrigues Lopes, e o presidente da Associaçao Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença, Fernando Oliveira. A escritora Marga do Val dará lectura a un poema dedicado aos bombeiros, e contarase coa actuación musical da Banda de Música Popular de Tui.

A Associaçao Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença creouse en 1919 e dende o inicio mantivo sempre un estreito contacto e colaboración coa poboación tudense. Así llo recoñeceu o Concello nunha homenaxe que tivo lugar no 1934, e en 1990 foron nomeados fillos adoptivos de Tui e recibían a medalla de ouro do Concello. Mañá sábado recibirán a gravata de honra da cidade coa bandeira de Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones