Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tui implementa definitivamente a peonalización do conxunto histórico a partires do vindeiro venres

A peonalización pasará a ser definitiva a partir do venres 30 de xuño ás 16h, segundo avanzou a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez.

A peonalización pasará a ser definitiva a partir do venres 30 de xuño ás 16h, segundo avanzou a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez.

Fecha: 26 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tui

Esta foi a última fin de semana da fase de proba do Plan de Peonalización do conxunto histórico de Tui que se puxo en marcha o 2 de xuño. Nesta primeira fase aplícase dende os venres ás 16h até os luns ás 8h. A peonalización pasará a ser definitiva a partir do venres 30 de xuño ás 16h, segundo avanzou a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez.

Estas catro fins de semana de proba serviron para comprobar o correcto funcionamento das pilonas de acceso e solucionar pequenas avarías que se detectaron, así coma para comprobar se era preciso realizar algunha modificación ou cambio a posteriori na ordenanza. Carmen Núñez fixo unha valoración moi positiva desta primeira experiencia que brindou a oportunidade de ver un casco antigo sen coches estacionados, con prazas e rúas recuperadas de novo para os peóns e con nenos xogando de novo nas rúas. Unha vez se aplique a peonalización definitiva dentro dunha semana procederanse realizar cambios no conxunto histórico coma a colocación de mobiliario urbano coma papeleiras ou bancos, e a eliminación de bolardos que deixarán de ter sentido unha vez a zona sexa peonil.

O principal problema na aplicación do Plan Peonalización estivo no respecto da Zona Verde destinada ao estacionamento de residentes na propia zona ou en intramuros, xa que en moitos casos aparcaban na mesma vehículos sen os correspondentes distintivos R e RE. Até o de agora colocáronse nestes vehículos avisos informativos pero a partir da peonalización definitiva comezará a sancionarse. Dende o Concello de Tui buscarase mellorar a sinalización destas zonas situadas na rúa Ordóñez, no Piñeiro, na rúa Martínez Padín e no Paseo Fluvial.

Coa entrada en vigor da peonalización definitiva deixarase de poder estacionar polas noites os residentes, de tal xeito que o acceso ao conxunto histórico será só para labores de carga e descarga.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí