Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui impulsa a tecnoloxía en galego: medio centenar de persoas doan a súa voz

O Proxecto Nós, en colaboración coa Xunta e a Universidade de Santiago, recolleu voces en Tui para que asistentes de voz e sistemas dixitais poidan entender e falar en galego.

O Proxecto Nós, en colaboración coa Xunta e a Universidade de Santiago, recolleu voces en Tui para que asistentes de voz e sistemas dixitais poidan entender e falar en galego.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Octubre de 2024

Fuente: Concello de Tui

Máis de cincuenta persoas de Tui doaron a súa voz a favor da presenza do galego nas novas tecnoloxías, nunha xornada de "captación de voz" organizada polo Proxecto Nós, que tivo lugar o pasado xoves na aula CEMIT do edificio Francisco Sánchez. Durante a xornada, que se desenvolveu dende as dez da mañá até as oito da tarde, ducias de voluntarios colaboraron activamente nesta iniciativa que procura facer que o galego forme parte de sistemas de intelixencia artificial como asistentes de voz, sistemas de navegación GPS e subtitulación automática.

O Proxecto Nós, impulsado pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, elixiu a Tui como un dos 16 concellos participantes nesta campaña, contando ademais co apoio do Concello de Tui. A sesión contou coa participación de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e de Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, quen foron dos primeiros en achegarse á aula CEMIT para realizar a súa doazón de voz, colaborando directamente coa causa.

Este proxecto busca que a nosa lingua poida ser empregada con total normalidade nas novas tecnoloxías, como os asistentes de voz (SIRI, ALEXA) ou en dispositivos de uso cotián, grazas a ferramentas que faciliten a comprensión e o uso do galego por parte das máquinas. Isto permitirá que en futuros desenvolvementos poidamos empregar a nosa lingua ao dar unha orde a un GPS, cun asistente de voz, ou nas transcricións automáticas de contidos audiovisuais.

O alcalde Enrique Cabaleiro expresou a súa satisfacción por ser Tui un dos municipios elixidos para participar nesta xornada, subliñando o alto grao de participación e colaboración por parte da veciñanza tudense.

As persoas que desexen colaborar poden aínda sumarse ao proxecto gravando a súa voz en liña na páxina oficial: https://doagalego.nos.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí