Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui lembra a Rosalía de Castro con diversas actividades

O proxecto Rosalía Total de Irene Silva chegará o xoves á Biblioteca. Amais difundirase a obra poética da escritora e restaurante tudenses servirán o Caldo de Gloria

O proxecto Rosalía Total de Irene Silva chegará o xoves á Biblioteca. Amais difundirase a obra poética da escritora e restaurante tudenses servirán o Caldo de Gloria

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Febrero de 2023

Fuente: Concello de Tui

Un obradoiro, a difusión da obra poética de Rosalía de Castro, e o Caldo de Gloria en restaurantes locais centran a celebración do Día de Rosalía en Tui.

O Concello de Tui súmase un ano máis a esta conmemoración, tal e coma recolle o acordo plenario adoptado pola corporación en 2013.

Así entre as actividades preparadas dende a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal, está este xoves, 23 de febreiro, ás 18.30 h na Biblioteca Municipal o proxecto “Rosalía total” a cargo da artista miñorana Irene Silva cun obradoiro cun xogo poético con versos de Rosalía interpretaremos poemas a ritmo de rap, música tradicional, rock… A actividade vai dirixida a público infantil. As persoas que desexen participar deben inscribirse previamente na propia Biblioteca Municipal ou no correo biblioteca@tui.gal.

Poemas de Rosalía recóllense nas lonas que esta semana se colocaran na fachada do edificio Francisco Sánchez, e na Praza da Inmaculada, contribuíndo así a difusión da obra poética da autora.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explica que nunha nova ocasión dende o Concello foméntase a participación na iniciativa  impulsada dende a Fundación Rosalía de Castro, denominada o "Caldo de gloria". Esta actividade xorde a partir do poema “Miña casiña, meu lar” (Follas novas, 1880), no que unha muller pobre que chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote, quentarse ó pé do lume e ser feliz. Dende a Fundación Rosalía de Castro sinalan que “Queremos que Galicia, lembre a Rosalía no seu día compartindo en lugares públicos ou no ambiente familiar este “caldo de gloria” dos humildes, un caldo para celebrar tamén a nosa cultura gastronómica popular”.

Así en Tui nas datas arredor do xoves, 23 de febreiro, súmanse á iniciativa de ofrecer este “Caldo de Gloria” o Restaurante El Molino e o Restaurante Cruceiro do Monte.

 

O xoves 23 de febreiro, Día de Rosalía, conmemórase o 186 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua. O seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí