Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui logra reducir o desemprego do 30% ao 12% en 10 anos grazas a políticas activas de emprego

O Concello de Tui consolida a súa aposta polo emprego con programas de formación, orientación laboral e iniciativas de inserción que contribuíron a reducir o paro en máis do 17% na última década.

O Concello de Tui consolida a súa aposta polo emprego con programas de formación, orientación laboral e iniciativas de inserción que contribuíron a reducir o paro en máis do 17% na última década.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Febrero de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Concello de Tui celebrou un importante avance na loita contra o desemprego, logrando reducir a taxa de paro do 30,81% en 2013 ao 11,99% en decembro de 2024. Este descenso, que se traduce en 945 persoas desempregadas no municipio ao final de 2024, reflicte os esforzos levados a cabo polo goberno local e as diferentes administracións públicas para impulsar o mercado laboral e mellorar a empregabilidade da súa poboación.

O descenso progresivo do desemprego desde 2015, cando a taxa alcanzaba o 25,02%, é un reflexo directo das políticas activas de emprego implementadas polo Concello, así como das colaboracións entre entidades públicas e privadas para mellorar as oportunidades laborais. Entre as iniciativas clave destacan os 3 Programas Integrados de Emprego e os 3 Obradoiros de Emprego executados desde 2019, que mobilizaron máis de 2 millóns de euros e melloraron a empregabilidade de máis de 350 persoas. Estas accións foron complementadas co Servizo de Orientación Laboral, un recurso fundamental para acompañar e asesorar ás persoas en busca de emprego.

A concelleira de Emprego e Desenvolvemento Local, Beatriz González, subliñou a importancia de seguir apostando pola formación e a orientación para a inserción laboral. "O traballo desenvolvido dende o Concello está dando resultados positivos, e seguimos comprometidos en facilitar ferramentas aos nosos veciños e veciñas para mellorar a súa empregabilidade. Continuaremos traballando en programas que axuden a reducir o desemprego e ofrecer máis oportunidades", destacou González.

No que respecta ao desemprego por sectores, o sector servizos continúa sendo o que acumula maior número de desempregados, con 629 persoas, seguido pola industria (106), a construción (67) e a agricultura e a pesca (44). A discriminación de xénero tamén se reflicte na cifra de desempregados, xa que as mulleres representan o 59,47% do total (562 mulleres), fronte ao 40,53% de homes (383).

O Servizo de Orientación Laboral do Concello, situado no Centro Municipal de Formación en Guillarei, segue sendo un dos recursos máis eficaces para mellorar a empregabilidade. Durante 2024, 91 persoas utilizaron a bolsa de emprego municipal, das cales 36 lograron inserirse no mercado laboral. O servizo ofrece asesoramento personalizado, formación en ferramentas de busca de emprego, apoio na elaboración de currículos, e preparación para entrevistas, así como obradoiros de capacitación dixital, co obxectivo de reducir a fenda dixital na procura de traballo e na vida cotiá.

Este servizo tamén facilita a conexión entre persoas demandantes de emprego e empresas locais, facendo máis áxil o proceso de selección e facilitando a contratación de novos traballadores. As persoas interesadas en acceder ao Servizo de Orientación Laboral ou as empresas que necesiten apoio no recrutamento poden solicitar cita previa a través do teléfono 986 60 32 28 ou o correo electrónico orientacion@tui.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí