Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI, MELGAÇO E VILA NOVA DE CERVEIRA SERÁN AS SEDES DAS XORNADAS AMBIENTAIS EXPERIENCIAS ECOTUR

As actividades desenvolveranse os días 10, 17 e 18 de outubro en 15 concellos do Baixo Miño e do Val do Miño

As actividades desenvolveranse os días 10, 17 e 18 de outubro en 15 concellos do Baixo Miño e do Val do Miño

Fecha: 06 de Octubre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Aviso: Adiamento atividades dia 10

Lamentablemente, por motivos de modificación das condicións climatolóxicas para mañá (10) baixo a influencia do furacán "Joaquín" (depresión extratropical) teremos que aprazar as Experiencias Ecotur ao seguinte día 24 de outubro, mantendo as mesmas actividades e inscritos. No caso de que non sexa posible participar, solicito resposta a este correo electrónico.
As experiencias dos días 17 e 18 mantén-se.
Como poñemos a seguridade en primeiro lugar, cremos na vosa comprensión.
Para calquera dúbida ou aclaración, non dubide en nos contactar.
____________________________________________

Lamentavelmente, por motivos da alteração das condições climatéricas para amanhã (10) sob a influência do furacão "Joaquin" (depressão extratropical) teremos que adiar as Experiências Ecotur para o próximo dia 24 de outubro, mantendo as mesmas atividades e inscritos.
Em caso que não seja possível participar, solicito resposta a este e-mail.
As Experiências dos dias 17 e 18 mantém-se.
Como colocamos a segurança em primeiro lugar, acreditamos na vossa compreensão.
Para qualquer dúvida ou esclarecimento, não hesite em nos contactar.

 
 
A partir do día 10 de outubro, comezará "Entre a montaña e o río", Experiencias Ecotur, xornadas artelladas como unha viaxe de aventura e descubrimento no ámbito do río Miño transfronteirizo. Baixo o concepto " un destino, dous países", 15 concellos do Baixo Miño e do Val do Miño (Norte de Portugal) articulan tres días de actividades culturais, deportivas e gastronómicas. As Xornadas, orientadas pola Uniminho, transcorrerán os días 10, 17 e 18 de outubro, e son cofinanciadas polo POCTEP.

A macro - rexión Norte de Portugal/Galicia preséntase como un 'Destino de Excelencia' con potencialidades únicas. Das tres temáticas - a terra, o río e o estuario -, cada participante terá a libertade de deseñar o guión que considere máis atractivo. O obxectivo é espertar a vontade de experimentar novas sensacións e coñecer este territorio noutras circunstancias, compartindo vivencias con outros visitantes.

A oferta de experiencias para os tres días é diversa e está orientada a diferentes segmentos de público, a través de tres categorías de actividades. A primeira delas é a 'Activa' e inclúe unha iniciativa deportiva máis esixente, unha temática gastronómica e unha vertente máis cultural; a 'Bravo' posibilita unha visita a museos ou centros de interpretación e unha proba de enoloxía ou similar; e o 'Convivio', trátase dunha actividade de contido cultural.

Cada día das Xornadas Ambientais agrupa unha área de concellos contiguos de ámbolos dous lados da marxe do río Miño, existindo un concello designado como 'base de operacións', onde inician e rematan as actividades programadas. Dedicado ó 'Estuario', o día 10 de outubro ten Vila Nova de Cerveira como centro das actividades, os participantes van poder percorrer alternativamente os concellos de Caminha, A Guarda, O Rosal e Tomiño. O segundo día, 17 de outubro, ten base en Tui e con probas en Valença, Paredes de Coura, Monção, Salceda de Caselas e Salvaterra. Xa o terceiro e último día, 18 de outubro, versa o tema da "Terra" e transcorre entre Melgaço (base), Crecente, A Cañiza, Arbo e As Neves.

A "Experiencia Ecotur" non esquece ós máis pequenos, presentando propostas moi específicas para que poidan gozar deste evento, coñecendo espazos de proximidade para visitar. Deste xeito, en cada municipio base (Cerveira , Tui e Melgaço) estarán aseguradas un conxunto de actividades lúdicas (xogos diversos, sendeirismo, visitas guiadas, entre outros) para nenos e mozos con idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos, mentres que os seus responsables poden dedicarse exclusivamente aos guións.

Cada paquete de actividades inclúe accións de balde e outras de pago. Para obter máis información, pode consultar a páxina en Facebook de Experiencia Ecotur e realizar as inscricións na localización web: http://goo.gl/forms/pzjbXAXYd9

DÍA 10:
 

 
DÍA 17:
 

 
DÍA 18:
 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones