Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui obriga a comunicar previamente calquera organización de espectáculos públicos e actividades recreativas no municipio

Un bando da alcaldía lembra esta normativa aplicable tamén á instalación de terrazas ao aire libre, e solicita a colaboración cidadá no seu cumprimento

Un bando da alcaldía lembra esta normativa aplicable tamén á instalación de terrazas ao aire libre, e solicita a colaboración cidadá no seu cumprimento

Fecha: 15 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tui

A organización de espectáculos públicos e actividades recreativas no termo municipal de Tui debe comunicarse previamente ao Concello e nos casos contemplados no artigo 41 da Lei 9/2013 deben solicitar licenza municipal para a súa celebración. Amais os espectáculos públicos ou actividades recreativas en terreos, lugares ou bens de titularidade municipal deben contar coa correspondente autorización municipal de ocupación de dominio público. Así o lembra o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, nun bando emitido nos últimos días sobre a autorización de espectáculos públicos, actividades recreativas, festas e demais festexos e eventos públicos.

Ante o aumento na organización destes eventos, coma feiras, festas parroquias e festexos en xeral, dende o Concello se lembra que estas actividades deben cumprir a normativa vixente en espectáculos públicos e actividades recreativas, ao tempo que deben pór a dispor da administración correspondente a documentación preceptiva para garantir a seguridade e a cívica convivencia cidadá.

En concreto requiren de licencia ou autorización municipal, entre outros, a apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas en locais cunha capacidade superior ás 500 persoas, a instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas ao establecemento, a celebración de espectáculos ou actividades que requiran a instalación de escenarios ou estruturas móbiles, a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que teñan lugar en máis dun termo municipal. Deste xeito estes espectáculos ou eventos deben solicitar licenza no Concello e cumprir a normativa sectorial.

Realizar este tipo de actividades sen a preceptiva comunicación previa ou sen dispor de licenza constitúe unha infracción moi grave, polo que poderán ser sancionadas.

Dende a alcaldía do Concello de Tui solicítase da cidadanía unha resposta positiva no cumprimento desta normativa.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones