Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui oferta 16 visitas guiadas temáticas ata finais de ano

Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.

Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.

Fecha: 09 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

Tui oferta 16 visitas guiadas temáticas durante os meses de novembro e decembro, continuando así os percorridos culturais gratuítos que se iniciaron no verán organizados polo Concello de Tui e nos que levan participado máis de 3 mil persoas.

A primeira cita, nesta nova proposta, será o sábado, 11 de novembro, baixo o título "A cidade barroca" na que durante sesenta minutos se percorrerán os espazos que transformaron a cidade nos séculos XVI e XVIII coma o convento de San Francisco, o convento das Clarisas, a igrexa de San Telmo, ou o hospital de pobres e peregrinos no edificio que actualmente ocupa o Museo Diocesano.

A próxima fin de semana o sábado 18 realizarase a visita cultural "Arquitectura educativa en Tui" e o domingo 19 "A cidade histórica". Mentres que o título dos percorridos a última fin de semana de mes serán "A cidade burguesa do século XIX" e "As antigas fortificacións románicas".

No mes de decembro son un total de once as visitas que se van levar a cabo. O venres 1 "Cidade histórica", o sábado 2 "As murallas medievais", o domingo 3 "Cidade medieval", o martes 5 "As rúas gremiais da cidade", o mércores 6 "O criptoxudaísmo en Tui", o xoves 7 "Arquitectura carceraria na cidade histórica", o venres 8 "Comuna xudía medieval", o sábado 9 "As prazas públicas da cidade histórica", e o domingo 10 "Cidade medieval". Por último o venres 15 realizarase a visita "Cidade histórica" e a derradeira será o sábado 16 "A arte e o Nadal en Tui".

Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.

Visitas Culturais nocturnas
Punto de saída: Praza da Inmaculada
Horario: 19.15h
 
Novembro
• Sábado 11 - A cidade barroca
• Sábado 18 - Arquitectura educativa en Tui
• Domingo 19 - A cidade burguesa do século XIX
• Domingo 26 - As antigas fortificacións románicas.

Decembro
• Venres 1 - Cidade histórica
• Sábado 2 - As murallas medievais
• Domingo 3 - Cidade medieval
• Martes 5 - As rúas gremiais da cidade
• Mércores 6 - O criptoxudaísmo en Tui
• Xoves 7 - Arquitectura carceraria na cidade histórica
• Venres 8 - Comuna xudía medieval
• Sábado 9 - As prazas públicas da cidade histórica
• Domingo 10 - Cidade medieval
• Venres 15 - Cidade histórica
• Sábado 16 - A arte o Nadal en Tui
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones