Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI OPTARÁ A NOVOS OBRADOIROS DE EMPREGO

A Comisión de Valoración tamén valorou coa máxima puntuación os proxectos dos concellos de Ponteareas, Redondela, Moaña, Tui, a Mancomunidade do Salnés, Lalín, Mos, Vigo, Mancomunidade do Val Miñor, O Grove, Vilanova de Arousa e A Cañiza con Crecente

A Comisión de Valoración tamén valorou coa máxima puntuación os proxectos dos concellos de Ponteareas, Redondela, Moaña, Tui, a Mancomunidade do Salnés, Lalín, Mos, Vigo, Mancomunidade do Val Miñor, O Grove, Vilanova de Arousa e A Cañiza con Crecente

Fecha: 31 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu esta mañá a clausura do obradoiro de emprego "Vista Alegre III", acompañado do alcalde de Vilagarcía de Arousa, Tomás Fole.
O obradoiro que hoxe conclúe tivo unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta investiu 187.000 euros, "que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento chegarán ata case os 200.000 euros", segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos é preparar a 21 alumnos, aos que hai que sumar o persoal contratado para dar formación en Confección e Publicación de Páxinas Web e en Traballos de Carpintería e Moble: un director, una titora e dous monitores.
As persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibiron o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que duraron estes proxectos. En Confección e Publicación de Páxinas Web formaranse 9 alumnos e en Traballos de Carpintería e Moble outros 12.

Deste xeito, os participantes neste obradoiro de emprego recibiron hoxe os seus certificados de profesionalidade que teñen validez en todo o territorio nacional e que demostran a preparación e habilidades adquiridas, o que vai "incrementar moi significativamente" a súa empregabilidade, manifestou Cores Tourís, quen aproveitou a visita ao obradoiro de Vilagarcía de Arousa para destacar o "manifesto claro de colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro".

O alumnado traballou durante os pasados seis meses no deseño e realización da páxina web da concellería de Turismo de Vilagarcía de Arousa, así como na elaboración e mantemento de mobiliario para a revalorización dos espazos públicos naturais deste concello como o parque Ravella, as zonas peonís do casco urbán e os entornos ruráis e instalacións municipais.
Durante o acto de clausura, Cores Tourís desexoulles aos alumnos moita sorte na busca de emprego e recordoulles que ademais da formación "é moi importante a labor social e de beneficio dos veciños realizada durante estes meses, xa que o voso traballo permitiu mellorar diversas zonas da cidade".
No acto de clausura, o alcalde de Vilagarcía agradeceu a colaboración da Xunta con estes dous concellos e destacou a importancia de que depositara a confianza neles para levar a cabo este proxecto "que cumpre varios obxectivos: por un lado formar a desempregados do concello; por outro darlles un traballo durante 6 meses e finalmente, axudarnos a desenrolar importantes obras municipais".
O delegado territorial recordou que obradoiros como o do Condado do Miño desenvolvéronse durante estes pasados meses en varios concellos da provincia de Pontevedra cun investimento que superou os 2,5 millóns de euros. "En concreto, na provincia beneficiáronse 242 persoas en 12 obradoiros de 22 concellos que puideron contar cun emprego nun momento de crise tan tremendo como o que estamos a vivir".
En toda Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar puxo o ano pasado en marcha un total de 53 obradoiros, que contaron cun investimento de preto de 10 millóns de euros e un número total de participantes que roldou os 1.300.
Novos obradoiros de emprego
"Dende a administración autonómica somos conscientes da importancia da formación á hora de mellorar as posibilidades da busca de emprego, polo que seguiremos a apostar por este tipo de iniciativas", rematou Cores Tourís.

Segundo apuntou tamén o delegado territorial, a nova orde destinada a posta en marcha de obradoiros de emprego acaba de resolverse e destinará en Galicia 10 millóns de euros para obradoiros de emprego como os postos en marcha ata o momento, así como outros 5 millóns para obradoiros destinados á mocidade, que se resolverán proximamente.

"Esta mañá reuniuse a Comisión de Valoración e de acordo cos criterios establecidos na orde de convocatoria Vilagarcía conta unha das mellores puntuacións para obter un novo obradoiro para este ano", engadiu Cores Tourís. Ademais, os concellos de Ponteareas, Redondela, Moaña, Tui, a Mancomunidade do Salnés, Lalín, Mos, Vigo, Mancomunidade do Val Miñor, O Grove, Vilanova de Arousa e A Cañiza con Crecente presentaron os proxectos que obtiveron, xunto a Vilagarcía, a maior puntuación, segundo a proposta desta comisión, e á espera de que a resolución definitiva se realice nos próximos días. En total, beneficiaranse 12 concellos e 2 mancomunidades de 13 obradoiros, ao presentar proxectos consorciados nalgúns casos. Estes obradoiros contarán cun investimento de 2,3 millóns e beneficiarán a 266 alumnos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones