Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui organiza a I Feira ? Magosto popular e solidario este mércores 12 de outubro

Haberá postos de antigüidades, artesáns e cetrería no Paseo da Corredoira e organizase un concurso de graffiti no novo pavillón

Haberá postos de antigüidades, artesáns e cetrería no Paseo da Corredoira e organizase un concurso de graffiti no novo pavillón

Fecha: 12 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui organiza para este mércores, 12 de outubro, unha intensa xornada de actividades que xirarán en torno ao outono e, polo tanto, a festa por excelencia de Galicia nestes días, o magosto. A I Feira - Magosto popular e solidario que se desenvolverá durante toda a xornada no Paseo da Corredoira xorde como unha "aposta do Concello por levar a cabo  actividades que nunca se fixeron antes na cidade", segundo apunta o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

Na feira, que se inaugurará oficialmente ás 10:30 horas, participarán anticuarios e artesáns de Portugal e toda Galicia.  Haberá ademais postos gastronómicos de embutidos, queixos e de produtos ecolóxicos.

A feira, que ten carácter solidario, contará coa presenza de postos da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, de Lena Protectora de Animais e da Fundación do Síndrome de Dravet, unha enfermidade xenética relacionada coa epilepsia englobada dentro das enfermidades raras.

O magosto popular comezará a partir das 17:00 horas cando se porán á venda os cucuruchos de castañas cun custe de 1€, que será doado integramente a SOS Tomiño Baixo Miño.

Amais, ás 11:00 horas dará comezo a exposición de aves na Praza da Inmaculada, na que se realizarán ademais dúas exhibicións de cetrería, unha ás 12:30 horas e outra ás 17:30. A música tamén amenizará a xornada coa actuación dos grupos de gaitas de Santa Columba de Ribadelouro e O Mosteiro de Pexegueiro. Para os cativos haberá inchables e xogos populares.  As actividades desenvolveranse no Paseo da Corredoira entre as 10:30 e as 20:30.

Actividades paralelas no Novo Pavillón de Tui

De xeito paralelo, e avanzando na mellora e na ornamentación da cidade, o Concello de Tui organiza para a xornada do mércores o I Concurso de Graffiti no Novo Pavillón de Tui. O obxectivo é eliminar as pintadas vandálicas que arestora ocupan parte da parede do edificio e substituílas por outras baixo a temática de "deportes e casco vello de Tui".

Os interesados en participar soamente teñen que presentarse a partires das 16:30 horas no novo pavillón cun bosquexo do debuxo que desexen pintar.  O premio será dun "lote de produtos Montana" valorado en 100€.

A I Feira - Magosto popular e solidario está organizada polo Concello de Tui en colaboración con PPartmin creativas.

 

Programa:

v  10:30 Inauguración da Feira-Magosto.

v  11:00 Apertura da exposición cetrería.

v  12:00 Actuación dos grupos de gaitas de Santa Columba de Ribadelouro e O Mosteiro de Pexegueiro.

v  12:30 Exhibición de aves.

v  16:30 I Concurso de Graffiti (Novo Pavillón de Tui).

v  17:00 Música en directo.

v  17:00 Magosto Popular (1€ - doazón solidaria).

v  17:30 Exhibición de aves.

v  18:00 Música en directo.

v  20:00 Entrega premio I Concurso de Graffiti.

v  20.30 Peche da feira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones