Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui participa na Asemblea xeral da Red de Juderías de España

O alcalde, Enrique Cabaleiro, desprázase a Lucena onde terá lugar a reunión das 21 cidades que integran este colectivo

O alcalde, Enrique Cabaleiro, desprázase a Lucena onde terá lugar a reunión das 21 cidades que integran este colectivo

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participa este venres 24 de xuño na cidade de Lucena na 60ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España – Camiños de Sefarad. Na mesma reuniranse os e as representantes das vinte e unha cidades que integran esta rede de municipios.

Entre os asuntos a debater na Asemblea  destacan o informe de xestión do primeiro semestre de 2022, así coma as solicitudes de integración de novas cidades na Red de Juderías – Caminos de Sefarad, Na asemblea tamén se analizarán os retos que ten este colectivo de municipios para o período 2022-2015.

A cidade de Tui forma parte da Red de Juderias dende o ano 2019 en recoñecemento ao importante acervo patrimonial que conserva a cidade relacionado coa presenza da comunidade xudía. Con esta integración preténdese promover o importante legado xudeu tudense que ten exemplos destacados como a colección de “Sambenitos” do Museo Diocesano, que teñen un carácter único e excepcional. Isto xunto ás diversas testemuñas da presenza desta cultura na nosa cidade constitúen un importante recurso cultural e turístico que contribúe a diversificar a oferta turística centrada no turismo cultural.

A pertenza á Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad é, para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, unha gran oportunidade para a cidade pois abre novas posibilidades de promoción e de posicionamento de Tui e dos seus recursos culturais e turísticos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí