Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui participa nunha visita de municipios irmandados con Versmold

Acudiron os concelleiros Yolanda Rodríguez, José Ramón Magán e representantes de municipios de Serbia e Polonia

Acudiron os concelleiros Yolanda Rodríguez, José Ramón Magán e representantes de municipios de Serbia e Polonia

Fecha: 20 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tui

A concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, e o concelleiro de Emprego, José Ramón Magán, participan dende onte e ata o domingo nunha visita a Versmold, en Alemaña, cidade irmandada con Tui. Tamén están presentes representantes de municipios de Serbia e Polonia irmandados tamén coa cidade alemá.

Tras ser recibidos no día de onte polo burgomaestre, Michael Meyer-Hermann, esta mañá os representantes municipais visitaron a empresa de embutidos Reinert, e asistiron posteriormente a un encontro no que se estudaron as posibilidades de por en marcha un proxecto de formación en Versmold para mozos, de cara a súa posterior inserción laboral.

Mañá sábado está prevista unha visita guiada á cidade e a distintas instalacións municipais e pola tarde Yolanda Rodríguez e José Ramón Magán participarán na celebración do quinto aniversario de irmandade Versmold-Serbia. Por último o domingo achegaranse ao afamado mercado do espárrago e á reserva natural de Bockhorst.

Tui e Versmold están irmandados dende 2013, estreitándose dende entón as relacións entre as dúas cidades. Nas pasadas festas de San Telmo achegouse ata Tui un grupo de veciños de Versmold.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones