Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui pecha instalacións municipais de carácter cultural e deportivo ao entrar en alerta vermella por COVID 19

A medida non afecta á Biblioteca e nin ao Teatro Municipal

A medida non afecta á Biblioteca e nin ao Teatro Municipal

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Octubre de 2020

Fuente: Concello de Tui

Tui entrou na mañá deste mércores en alerta vermella por COVID 19 segundo o mapa da Xunta. Ante esta situación o Concello de Tui acordou o e peche das instalacións municipais de carácter deportivo e cultural, coa salvidade da Biblioteca e do Teatro, e dos pavillóns onde se celebren competicións federadas e actividades escolares. Mantéñense abertos os parques infantís, ao ser espazos ao aire libre que se desinfectan periodicamente, e mañá terá lugar o mercado semanal coas medidas de seguridade establecidas dende que retomou a actividade.

Amais dende o Concello, tal e coma acordaban onte á tarde na Xunta de Voceiros, recomendan aos centros culturais privados, xestionados por asociacións, a suspensión de calquera tipo de actividade nos mesmos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que “cómpre ser extremadamente cautos” xa máis aló do número concreto de casos positivos que hai neste momento, un total de 32, hai un número de veciños e veciñas de Tui en corentena.   Explicaba que a adopción destas medidas ten por obxectivo “restrinxir a mobilidade nos ámbitos de carácter público” agardando que “estas medidas axuden a paliar a gravidade da situación, porque é unha situación complicada que nos preocupa, e á que chegamos polo inicio de dous brotes nunha parroquia que foron desencadenando a situación na que nos atopamos agora”.

Dende o Concello de Tui lémbrase amais as novas medidas impostas pola Xunta que entrarán en vigor esta medianoite coa limitación de reunións tanto públicas coma privadas a 5 persoas. A isto súmase tamén a limitación ao 50% dos aforos en establecementos de restauración, e a prohibición de consumo en barra.

Por último o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reitera o chamamento á prudencia e responsabilidade de todos e cada un de nós, ante a situación que estamos a vivir.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí