Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui pechará o venres o Plan Concellos 2018 con dúas últimas achegas da Deputación por máis de 120.000?

Con estes investimentos, a Deputación financiará a restauración do xardín da alameda e o cambio de base nunha escultura da Glorieta de Vigo

Con estes investimentos, a Deputación financiará a restauración do xardín da alameda e o cambio de base nunha escultura da Glorieta de Vigo

Fecha: 19 de Diciembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Cooperación, Carlos López Font, confirmou hoxe que o concello de Tui pechará este próximo venres o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra coa aprobación das dúas últimas achegas por un total de 122.234,17 euros. Neste ano 2018 o goberno de Carmela Silva puxo a disposición do concello de Tui un total de 1.769.637,16 euros, un 76,35% máis que no 2017.

Máis polo miúdo, a Deputación aprobará, por resolución presidencial, unha achega de 51.707,29 euros para que o concello de Tui poida levar a cabo a substitución da base da escultura ecuestre situada na Glorieta de Vigo. Pola súa banda, este venres, en Xunta de Goberno, a institución provincial tamén aprobará unha última achega de 70.526,88 euros grazas a cal Tui poderá restaurar o xardín histórico da alameda.

Anteriormente a vila do Baixo Miño xa recibira a través da Liña 1 de investimentos financiación para a elaboración de cartografía Six, ortofoto dixital e rede topográfica do concello; a área recreativa no C.R.A. Bornetas; o proxecto de reactivación patrimonial "Rec-Tui"; a mellora dos vestiarios no polideportivo municipal (vello); a construción da nave industrial para crear un garaxe de camións de recollida do lixo; a separación de augas pluviais e reparación de beirarrúas na estrada de Baiona; a mellora das pistas de tenis municipais en Areas-Tui; a substitución da cuberta na nave de maquinaria do concello; a área lúdico recreativa no CEIP Rebordonas, a mellora do camiño de acceso á Malladoura, e a área recreativa no CRA Bornetas.

No que corresponde á liña 2, a Deputación adxudicou 44.577,61 € á vila. Finalmentem o goberno provincial financiou con 231.474,36 € a contratación de 20 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones