Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI PON EN VALOR O SEU PATRIMONIO HISTÓRICO COMA PUNTO DE ATRACCIÓN TURÍSTICA

A edición de fotografías antigas ou a publicación dun díptico coa ruta xudía son parte das iniciativas levada a cabo

A edición de fotografías antigas ou a publicación dun díptico coa ruta xudía son parte das iniciativas levada a cabo

Fecha: 29 de Enero de 2016

Fuente: Concello de Tui

Pór en valor o rico patrimonio tudense é o obxectivo de distintas iniciativas impulsadas dende o Concello de Tui a través da concellería de Turismo. A edición de fotografías antigas da cidade, a publicación dun díptico coa ruta xudía ou as visitas guiadas son algunhas destas actividades. Hoxe mesmo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, compareceron en rolda de prensa para presentar a edición de oito fotografías da cidade datadas nos anos 50 e 60. Son da autoría do fotógrafo tudense Juan Vila quen a través do seu obxectivo reflectiu o patrimonio tudense e as súas xente durante décadas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que dende o goberno local fíxase coma prioridade pór de relevancia o patrimonio histórico da cidade, sinalando que se trata dun elemento fundamental dentro da promoción turística da cidade. Apuntaba nese senso que o turismo é un dos elementos máis dinamizadores e que máis recursos externos achega ao municipio. Ao tempo lembrou que en 2015 Tui foi o segundo lugar de España de onde máis peregrinos iniciaron o seu camiño a Santiago.

Precisamente parte deste patrimonio histórico de Tui está reflectido en fotografías que amosan a cidade e as súas xentes ao longo da historia. Por este motivo o Concello vén de editar oito láminas con fotografías de Juan Vila nas que se recolle a rúa Martínez Padín, o convento das Clarisas, ou a antiga praza de abastos entre os anos 50 e 60. Están expostas na Oficina Municipal de Turismo na Praza de San Fernando.

Segundo avanzou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, esta é a primeira colección de fotografías que edita o concello do arquivo de Juan Vila, á que seguirán outras series ligadas a distintas celebracións coma o Entroido ou as Festas de San Telmo. A edición das fotografía antigas de Tui en palabras do rexedor tudense é o preámbulo dun proxecto máis ambicioso coma é a creación dun arquivo municipal da imaxe.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, aproveitou para anunciar que en Semana Santa se retomarán as visitas guiadas á cidade coma se fixo xa no verán, sumando á visita á xudería outra ao Tui medieval.

Precisamente o Concello de Tui editou hai unhas semanas un díptico sobre a Ruta Xudía da Cidade con textos do historiador tudense Suso Vila, quen hoxe destacaba ese patrimonio coma único en Galicia. Suso Vila, fillo do fotógrafo Juan Vila, mencionou os máis de 300 mil negativos con que conta a súa familia, e apuntou a posibilidade de realizar unha retrospectiva do seu pai en 2017 coincidindo co centenario do seu nacemento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones