Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui porá en valor o seu patrimonio xudeu durante as Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Celebraranse dende este venres ata o domingo cun seminario, exposicións, e visitas guiadas

No rico patrimonio tudense vinculado á cultura xudía destaca pola súa singularidade os Sambenitos.

Fecha: 01 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

Tui será unha das once cidades españolas que celebren este fin de semana as Xornadas Europeas da Cultura Xudía baixo o lema "Diasporas", cuxo obxectivo é a posta en valor e promoción do legado dos xudeus e conversos na cidade.

Tui conta cun importante patrimonio vinculado á presenza xudía na cidade no que se focalizará este venres, sábado e domingo nas actividades programadas no antigo convento de San Domingos, así coma nas visitas guiadas establecidas. O programa ten carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa.

A apertura destas xornadas terá lugar o venres ás 17h na Sala de Conferencias da Aula da UNED co seminario "As paisaxes do exilio: a migración e o segredo das familias sefardís" con entrada libre. En primeiro lugar intervirá Rafael Sánchez Bargiela, historiador tudense e xerente do Xacobeo, que abordará na súa conferencia a figura do filósofo e médico Francisco Sánchez, nado en Tui pertencente a unha familia xudeoconversa motivo polo que emigraron a Burdeus.  Logo o historiador tudense Suso Vila disertará sobre  "As paisaxes do exilio: a migración e o segredo das familias sefardíes",  e por último José Manuel Laureiro e Anu Barrios, investigadores da cultura xudía, abordarán os "Vestigios criptojudíos en la raya. Una cultura de resistencia".

A primeira xornada rematará coa visita guiada gratuíta "Comunidade xudía medieval" que sairá ás 20.15h dende a Praza da Inmaculada.

O sábado ás 18h na Sala de Conferencias da Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos  haberá proxeccións de cinema de temática serfardí, e ás 20.15h realizarase unha nova visita guiada gratuíta dende a Praza da Inmaculada co título "O criptoxudaísmo na cidade histórica. Por último o domingo está programada unha nova proxección de cinema de temática sefardí ás 18h na Sala de Conferencias da Aula da UNED no Antigo Convento de San Domingos  e ás 20.15h levarase a cabo a visita guiada gratuíta dende a Praza da Inmaculada "A represión e a disidencia relixiosa: cárceres e Inquisición".

Exposicións

Por outra parte no mesmo edificio do antigo convento de San Domingos podénse visitar xa as exposicións "O exilio da filosofía: Francisco Sánchez, o tudense" e "As familias criptoxudías: entre a diáspora e a asimilación: os Coronel". Estas dúas mostras permanecerán abertas ata o 15 de setembro en horario de 9 a 14h.

Visita guiada, folleto informativo, e sinais da Ruta Xudía

O patrimonio vinculado á comunidade xudía está presente na visita guiada gratuíta que se realiza de luns a venres, ás 20h, dende a Praza da Inmaculada.  Pero tamén se pode percorrer a ruta xudía seguindo o folleto turístico sobre este percorrido editado polo Concello ou coa sinalización instalada na cidade histórica que marca precisamente este patrimonio. No caso da ruta xudía parte dende a Praza da Inmaculada, e a través dos códigos QR dispoñibles en cada sinal pódese realizar o percorrido ampliando a información sobre cada elemento.

Os Sambenitos, a casa de Salomón e a Menorá da Catedral elementos destacados do patrimonio xudeu

No rico patrimonio tudense vinculado á cultura xudía destaca pola súa singularidade os Sambenitos. Cinco pezas que se gardan no Museo Diocesano, e que foron atopados na Catedral, no que se recollen as penas impostas pola Inquisición a catorce veciños de Tui e Baiona.  Son elementos únicos en Europa.

Por outra parte a relación existente entre a comunidade xudía e a cristiá queda testemuñada coa menorá ou candelabro de 7 brazos, que aparece gravada no claustro da Catedral de Tui. A casa de Salomón, na rúa Bispo Castañón, distribuída entorno a un patio central representa un exemplo único da arquitectura xudía.  O patio da sinagoga na rúa Ordóñez, os restos dunha carnicería  na rúa Entrefornos ou a pratería conservada no Museo Catedralicio son outros elementos destacados da comunidade xudía e xudeu conversa en Tui.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones